28 de outubro de 2022

III PhDay-EIO

Universidade de Vigo

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

O próximo 28 de outubro de 2022 celebrarase no Salón de Graos da Facultade de Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo a terceira edición do PhDay-EIO. Desde o grupo SiDOR animamos a todos os doutorandos galegos de Estatística, Investigación Operativa e Optimización a que asistades.

Durante a xornada terán lugar diferentes actividades:

  • Sesións invitadas. Contaremos con doutores que nos aportarán a súa visión do doutoramento, así como o comezo da súa andaina como doutor/a.

  • Exposicións orais e pósters. Os participantes que así o desexen poderán presentar o seu traballo en charlas dunha duración de 15 minutos máis preguntas ou tipo póster*. Haberá un premio para o mellor traballo a cargo da SGaPEIO.

  • Actividade lúdica. Ó final da xornada realizaremos un escape room na cidade de Vigo e ó rematar cearemos todos xuntos. A cea será no restaurante Porto Santo, na rúa de García Barbón 45, e o prezo será de 19€ por persoa.

Para poder participar na xornada cómpre cubrir este formulario. No caso de querer realizar unha presentación oral ou presentar un póster, será necesario achegar un resumo de menos de 500 palabras sobre o traballo. Nova data límite de presentación: 2 de outubro de 2022.

Os traballos poderán remitirse en galego, castelán ou inglés indistintamente, e deberanse axustar ao formato modelo de redacción creado para o evento (.tex):

Modelo resumo


Se tedes calquera dúbida podedes escribir a calquera destes correos: phday.eio@gmail.com, iago.nunez.lugilde@uvigo.es, ana.panduro@uvigo.es e adrian.lago@uvigo.es.

Animádevos a participar!


(*) O comité organizador resérvase o dereito de modificar o formato de exposición solicitado en función do número de participantes adscritos a cada opción.

Comité organizador


  • Iago Núñez Lugilde. Universidade de Vigo

  • Ana Panduro Martín. Universidade de Vigo

  • Adrián Lago Balseiro. Universidade de Vigo

Conferenciantes invitados


  • María José Ginzo Villamayor. Universidade de Santiago de Compostela

  • Aranza Estévez Fernández. Vrije Universiteit Amsterdam

  • Alejandro Saavedra Nieves. Universidade de Santiago de Compostela