PRESENTACIÓN DO PROXECTO "O Camiño de PiEFcitos" no Menéndez de Lugo.

O Proxecto "O camiño de PiEFcitos" é un proxecto anual e cooperativo no que a través de: a práctica de actividade física, a alimentación saudable, a lectura e accións de desenvolvemento sostible permitirannos obter kilómetros simbólicos, levándonos a percorrer todas e cada unha das provincias nas que se divide a xeografía española, incluíndo os dous arquipélagos e cidades autonómicas, que completan a beleza da que se compón o noso país.

EN QUE CONSISTE O PROXECTO? QUE TEMOS QUE FACER?

Nesta presentación está toda a información do proxecto, para facernos unha idea máis clara do que necesitamos, que queremos conseguir, como o imos facer...

O camiño será moi moi divertido. Animádesvos?

O proxecto dará comezo o 1 de outubro e rematará o 5 de xuño, día no que celebraremos o Día Mundial do Medio Ambiente cunhas Olimpíadas Recicladas.

ALGÚNS MOTIVOS POLOS QUE XORDE ESTE PROXECTO

O obxectivo é traballar e instaurar hábitos físico-saudables entre o alumnado, familias e docentes, é dicir, toda a comunidade educativa. Pero por que razón xorde este proxecto?

Todo isto nace dos últimos estudos realizados por diferentes asociacións e entidades que traballan no ámbito da saúde e que indican o preocupante e crecente aumento da obesidade infantil. Ante esta situación ideamos un atractivo proxecto un grupo de máis de 200 docentes que pon en valor as accións persoais de cada un dos alumnos e alumnas, as súas familias, profesores e o propio Centro; xa que desde a educación, e en especial, a Educación Física, podemos desenvolver interesantes mecanismos e accións que incorporen esas rutinas físico-saudables nas súas vidas, as nosas vidas, reducindo pouco a pouco estes malos datos e devolvendo a saúde perdida ao noso organismo. Todas esas accións e evidencias recompensaranse coa suma de "kilómetros saudables PiEFcitos" para todos aqueles Centros, aulas e grupo de discentes que leven a cabo distintas actuacións de carácter motriz, favorecedoras da reciclaxe, hábitos lectores ou de alimentación en busca dunha educación integral que inflúa na súa personalidade como cidadán activo e reflexivo.

A continuación ofrecemos unha serie de artigos publicados recentemente en distintos medios de comunicación acerca da situación na que nos encontramos sobre a problemática en relación á obesidade infantil:

IMG_4800.MOV

A IDEA e a XESTIÓN do proxecto é de CARLOS CHAMORRO, un mestre da Comunidade de MADRID, pero grazas á colaboración de docentes de toda España que despois da súa mensaxe, acudieron á chamada, formando un gran equipo humano de máis de 200 profesionais da educación preocupados/as por esta lacra que nos axexa, demostrando que a pesar da distancia que nos separa fisicamente, o compromiso para provocar un cambio de maneira significativa e duradeira no tempo, está por encima de calquera cousa, representando un TRABALLO EN EQUIPO E COOPERATIVO envexable desde a educación en colaboración coas familias, potenciando o labor de toda a comunidade educativa.


Autores/as: Andrea e Nerea de sexto, Mercedes Grueso Valiño e Nolinho

COMO CONSEGUIR KILÓMETROS NO PROXECTO? (ACCIÓNS)

SOSTIBILIDADE: RECICLAXE

A TRAVÉS DA LECTURA

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

EXERCICIO FÍSICO

De igual maneira, cada un de nós logrará alcanzar un dos 5 niveis consagrados e establecidos segundo os kilómetros obtidos. Atribuíndose un BAGDE OU INSIGNIAS que nos identificará como participante desta AVENTURA DIDÁCTICA E DE SAÚDE.

1º NIVEL

2º NIVEL

3º NIVEL

4º NIVEL

5º NIVEL. A CIMA

VÍDEO MOTIVADOR DO PROXECTO E DIFUSIÓN DO MESMO

Intro 1 PiEFcitos_M.mp4
Autor Jorge Sanz Cuéllar

O pasado 13 de setembro de 2019, Carlos Chamorro foi entrevistado en "LA LINTERNA" da CADENA COPE . El é o creador de "El Camino de PiEFcitos" un estupendo e emocionante proxecto, onde hai máis de 200 docentes implicados, e un centenar de alumnos que o disfrutarán durante todo o curso.

PiEFcitos en la Radio.mp3
Ángel Expósito, director La Linterna en la cadena COPE

MENSAXE DE APOIO DE ÁNGEL EXPÓSITO. RADIO COPE "LA LINTERNA"

Cuña Publicitaria ProXecto Nacional PiEFcitos.

Por Onda Torre Águila. Barbaño (Badajoz)

Melodía e Arranxos da Música: Manuel Jesús Martínez Pérez

ONG E ENTIDADES COLABORADORAS NO PROXECTO

Pincha en las imágenes para acceder a sus portales web.
"El camino de PiEFcitos", se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0 UnportedBasada en una obra de sites.google.comPermisos que vayan más allá de lo cubierto por esta licencia pueden encontrarse en http://creativecommons,org/