A NOSA EXPERIENCIA NO CURSO  2023/24


CEIP DE CERVO

O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais. 

En concreto, o intercambio permite experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros, ao tempo que se facilita aos docentes a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación ou vías de xestión dos recursos propios e alleos que desenvolven outros centros.  Así mesmo, favorécese o traballo en equipo do profesorado con intereses compartidos e mesmo se abre a porta á colaboración con centros doutras comunidades autónomas ou países. 

Programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional | Consellería de Cultura, Educación e Universidade (xunta.gal) 

Debemos ter en conta que nós fomos un dos centros que tivo a honra de participar durante os inicios do proxecto, posto que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, estableceu con carácter experimental o programa de innovación educativa Observa_Acción durante o curso escolar 2017/2018. Durante os seguintes cursos académicos (2018/19 e 2019/20) ampliouse a colaboración incluíndo ás comunidades de Castilla y León, Principado de Asturias e La Rioja.

No noso caso compartimos experiencias co CEIP Riomanzanas de Zamora o cal foi moi gratificante e proveitoso e tivo un gran impacto no centro e na nosa comunidade educativa.

Dadas as restricións sanitarias derivadas da pandemia da Covid-19, este proxecto quedou en suspenso e polo tanto agora temos a oportunidade de continuar onde o deixamos, a pesar de que resulta nalgúns aspectos dificultoso.

Quizais porque somos un colexio pequeno e rural, que nos/nos atopamos bastante afastados de grandes cidades, desde hai anos no noso centro asumimos a responsabilidade de exercer de compensador de desigualdades e de motor cultural da nosa comunidade educativa. Ademais, sempre fomos un claustro moi motivado pola innovación educativa, con ganas de aprender doutras realidades e de formarnos para favorecer a implementación de metodoloxías activas e inclusivas que melloren o proceso de ensino-aprendizaxe e que faciliten o papel protagonista do noso alumnado, actuando o mestre/a como un mediador e non como un mero instrutor.

Así mesmo, valoramos moito a reflexión persoal e a autocrítica construtiva, que nos/nos leva a buscar estratexias e modos de seguir avanzando cara un futuro cada vez máis inclusivo e que nos/nos permita mellorar e adquirir novas competencias, non só curriculares senón emocionais e sociais, tanto ao alumnado como ao profesorado.

  Sentimos a necesidade de abordar novos campos de traballo e tamén de retomar outros que quizais, debido á situación sociosanitaria que vivimos, volveron a cobrar especial relevancia. Ademais, o especial valor que damos á atención á diversidade, presente en todas as aulas, sumado á case total ausencia de libros de texto no noso centro lévanos á necesidade de incidir e potenciar o traballo a través de metodoloxías motivadoras e a crear novos espazos de aprendizaxe. Uns espazos de aprendizaxe onde saber manexar “novas ferramentas e recursos” resulta imprescindible. Así pois, gustaríanos ter a oportunidade de realizar un proceso de aprendizaxe compartida e reflexiva, que nos/nos leve á consecución duns obxectivos comúns, pero tamén específicos e a realizar propostas de mellora nos nosos respectivos centros.  Así, pretendemos camiñar cara ás AULAS DO FUTURO, potenciar a introdución do PENSAMENTO COMPUTACIONAL e a ROBÓTICA no currículum, reactivar a nosa RADIO ESCOLAR, realizar un mellor aproveitamento da nosa contorna natural e do HORTO ESCOLAR buscando a sustentabilidade  e potenciar o importante papel das BIBLIOTECAS ESCOLARES no emprego de METODOLOXÍAS ACTIVAS e INCLUSIVAS, como o TRABALLO POR PROXECTOS, PATIOS INCLUSIVOS… todo iso tentando incrementar a PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS e doutras ENTIDADES no centro e no proceso de E-A. 

Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta) 

Trátase dunha fase de colaboración entre diferentes comunidades autónomas adheridas ao plan de Observa_Acción. Consistirá, como na fase anterior, na estadía e/ou recepción dun máximo de 5 docentes (1 do equipo directivo), durante un máximo de 3 días, a centros dunha ou varias das comunidades autonómas asociadas para realizar a observación. Posteriormente, proverase retroalimentación e realizarase unha reflexión conxunta entre o profesorado participante, co fin de introducir melloras concretas na práctica de aula ou do centro.

2. CALES SON AS NOSAS LIÑAS DE TRABALLO E  OBXECTIVOS?

Ademáis de todo o descrito anteriormente podemos resumir as nosas intencións en canto ás LIÑAS DE TRABALLO para este curso nos seguintes ámbitos:

·   Robótica educativa e aprendizaxes STEAM: ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas

·   Creación de novos espacios de aprendizaxe, físicos e virtuais: Aula do Futuro e dixitalización da ensinanza.

·   Recreos inclusivos e educación emocional.

·   Biblioteca escolar como centro creativo de aprendizaxe.

·   Emprego de metodoloxías activas de aprendizaxe: multialfabetización.

·   Radio Escolar

·            Coidado da contorna, respecto ao medioambiente e adecuación do noso horto escolar.: sostenibilidad e obxectivos da axenda 2030.

 

Entre os nosos obxectivos, se temos a oportunidade de colaborar e observar con outro centro, destacan:

1.Traballar e observar o traballo sobre o pensamento computacional, creativo, a imaxinación e a motivación do alumnado, así como fomentar a súa autonomía. Desenvolver novas formas de comunicación e aprendizaxe, que van máis aló dos métodos tradicionais introducindo aprendizaxes do ámbito STEAM.

2. Observar e crear e poñer en marcha as aulas do futuro, onde o emprego de recursos dixitais e de metodoloxías activas favorezan os procesos de ensino e aprendizaxe, facendo do alumno o protagonista de todo o proceso: o alumno investiga, interactúa, intercambia, desenvolve, crea e presenta.

3. Aprender como transformar os distintos espazos do patio en zonas inclusivas, accesibles, acolledoras e motivadoras, que tamén sirvan para fomentar a vida activa e a sustentabilidade do noso planeta entre o alumnado.

4. Mellorar o desenvolvemento socioemocional do noso alumnado, achegando estratexias e actividades encamiñadas a facilitarlles un mellor coñecemento das propias emocións e dos demais para conseguir unha convivencia positiva.

5. Favorecer o impulso de actividades didácticas cuxos protagonistas sexan o alumnado e orientadas ao desenvolvemento das competencias clave incentivando a comunicación entre toda a comunidade educativa, introducindo e aprendendo a utilizar a tecnoloxía e a linguaxe relacionada co audio e as radios escolares.

6. Mellorar na creación de actividades e dinámicas para o uso, gozo e xestión de temas común integrados no currículo dun xeito multidisciplinar e empregando metodoloxías activas para favorecer a adquisición de competencias do alumnado.

7.  Desenvolver e observar proxectos dos diferentes ámbitos de actuación, de maneira que se facilite o aprendizaxe intercentros.

 


BIENVENIDOS A CERVO.pdf
E-Dixgal presentación.pdf

3. COÑECE AO CENTRO EDUCATIVO CO QUE IMOS COMPARTIR APRENDIZAXES

O colexio co que teremos a oportunidade de compartir experiencias e aprendizaxes é o CRA LA ESPIGA, en ZURBARÁN. Na súa Comunidade Autónoma están dentro dun Proxecto chamado MUÉVETE.  No seguinte documental poderedes coñecelo mellor:

4. PROGRAMACIÓN DA VISITA INTERCENTROS NO CEIP DE CERVO (14-15 DE MARZO DE 2024)


5. REPORTAXE GRÁFICA E AUDIOVISUAL DA VISITA INTERCENTROS NO CEIP DE CERVO

  (14-15 DE MARZO DE 2024)


Observa_acción.MOV

Muchísimas gracias a todas las profes y asesoras del CRA LA ESPIGA de Zurbarán por sus ganas y su entusiasmo y por hacer que los aprendizajes compartidos resulten tan satisfactorios. Estamos deseando visitar vuestro colegio durante los días 25 y 26 de abril  y aprender de vuestra experiencia. 

Seguiremos informando! 

Domingo, 28 de abril de 2024

VISITA DE OBSERVA_ACCIÓN AL CRA LA ESPIGA (BADAJOZ)

Hoy queremos daros a conocer lo que ha sido nuestra experiencia de OBSERVA_ACCIÓN en el CRA LA ESPIGA de Badajoz, concretamente en las sedes de EL TORVISCAL y de PALAZUELO. Se trata de un Centro Rural agrupado, que cuenta con tres sedes en tres pueblos distintos y que están separadas entre sí por apenas un radio de 7 a 9 km de distancia. 

Nos han explicado que se encuentran ubicadas en los llamados "Pueblos de Luz" o pueblos de colonización, que son de reciente creación, pues se construyeron después de la Guerra Civil. En Badajoz hay un total de 42 pueblos de colonos, entre ellos los tres que conforman el CRA. Para saber más sobre los PUEBLOS DE COLONIZACIÓN puedes pinchar aquí.


Esta experiencia se desarrolló durante los días 25 y 26 de abril y ha sido una aventura de aprendizaje maravillosa. Hemos descubierto un mundo educativo apasionante, con alumnado y profesorado motivado por metodologías innovadoras y por estimular al máximo las potencialidades de su alumnado, que consiguen que tanto mayores como pequeños se motiven en su día a día transmitiendo su alegría, vitalidad y entusiasmo en todo lo que hacen.  

Nos hemos dado cuenta de que compartimos muchos objetivos en común y nos hemos traído a Cervo un montón de ideas que madurar y sobre las que reflexionar para poner en práctica. También tenemos claro que estas oportunidades de aprendizaje compartido tejen redes que enriquecen nuestra práctica docente y por lo tanto el proceso de Enseñanza-Aprendizaje con nuestro alumnado.

 Como colegios rurales que somos tenemos siempre presente que está en nuestra mano aportar experiencias a nuestros niños y niñas, que puedan compensar  posibles desigualdades en nuestro entorno y atender a la diversidad de nuestras aulas; y para ello el empleo de metodologías activas e inclusivas y la participación en diferentes proyectos colaborativos e interdisciplinares juegan un papel decisivo.  

Queremos dar las gracias a todo el Equipo Directivo y al profesorado de las sedes de Torviscal y Palazuelo, en especial a Inma, coordinadora del proyecto y un pilar para su centro; así como a su asesora María, por recibirnos de una forma tan cálida y hacernos disfrutar de tantos aprendizajes compartidos. Especial reconocimiento para el alumnado del CRA La Espiga por todo su trabajo y  entusiasta participación a lo largo de estas jornadas. 

Y, aunque todo cuento tiene su final; como en el Kamishibai de LILA Y EL JARDÍN MÁGICO, nosotras sabemos que esta historia CONTINUARÁ...