"Mirando polo Camiño"

Aquí atoparedes todos os recursos e traballos que vaiamos elaborando ao longo do curso 2017-18 dentro do programa de EDUCACIÓN PATRIMONIAL DO PLAN PROXECTA.

Presentación no blogue da biblioteca

Calendario escolar 2018 no blogue

Información sobre o Entroido no blogue

FOTOGRAFÍAS DE "TERRA ÚNICA"

Charla informativa sobre o Entroido na biblioteca

Celebración do Entroido

Charla sobre patrimonio a cargo de Nina, arqueóloga do Concello

Viaxe ao Cabo Fisterra

Elaboración do bolo do pote, actividade celebrada en A Picota para o alumnado de 1º e 2º de Primaria

Elaboración de marcapáxinas con elementos do Camiño de Santiago a Fisterra ao seu paso polo concello de Mazaricos.

Enquisas elaboradas para recoller información sobre os/as peregrinos/as que realizan o Camiño de Santiago a Fisterra e fan parada nos albergues "Casa Pepa" e "Santa Mariña"

Charla coa arqueóloga Nina previa á saída na que visitaremos o castro de Monte Aro, a necrópole de Pedras Miúdas e Ponte Olveira.

Exposición "Tería que ser Patrimonio Cultural...", realizada polo alumnado do cole, que elixiu un ben (material ou inmaterial) do seu contorno para cubrir unha ficha sobre o mesmo. Ademais de describilo e explicar por que o incluiría dentro do patrimonio cultural, fixeron unha ilustración sobre o mesmo, e algunhas persoas enviaron tamén fotografías orixinais.

Proxectos documentais elaborados durante o curso 2017-18, onde a temática foi o turismo e o patrimonio cultural. Dentro do "Plan Proxecta" destacamos o realizado en 1º e 2º sobre o bolo do pote, así como o de 5º e 6º sobre os Concellos de Mazaricos e Valencia de Alcántara (Cáceres), lugar que destaca tamén pola súa cantidade de dólmenes.