Presentación


Non fai falla peitear canas para decatarse que o crecemento das cidades non é nada respectuoso coas cousas de onte. E así vemos como desaparecen obxectos que durante un tempo foron parte das vidas dos noso barrios. Os letreiros que reclamaron a nosa atención e orientaron os nosos pasos, desaparecen co peche dos establecementos ou institucións que anunciaron. Noutros casos son substituídos por marcas universais que uniforman as nosas rúas.

No Ateneo Atlántico queremos poñer en valor os letreiros que son sinais de identidade das rúas e barrios, e , xa que logo, das nosas vidas. A campaña “Mirando polos letreiros” tratará nunha primeira fase de inventariar letreiros que por diversas razóns consideredes importantes. Para iso, cada ateneísta, aproveitando os seus paseos e coñecementos, pode facernos chegar información sobre letreiros, anuncios ou carteis que identifiquen establecementos ou institucións e que por razóns estéticas, de antigüidade ou sentimentais consideredes merecedores de atención.

Existe un modelo de rexistro (abaixo) que podedes seguir para enviar a información ao noso correo. Tamén podedes atopar no blog información sobre actividades semellantes que se levan a cabo noutras cidades. Na medida en que nos deixe a pandemia, programaremos charlas arredor do Patrimonio (tipo)gráfico.

Estamos seguros que teredes suxestións para continuar esta campaña e abriremos foros de debate ao respecto na medida en que nolo demandedes.


En vigoe.es Julio Alonso fai unha preciada aportación á nosa campaña

"El Ateneo Atlántico, de Vigo, ha iniciado una campaña de recuperación de letreros históricos de la ciudad, desde mercerías hasta relojerías. Muchos de los letreros que aún están en el recuerdo de las viguesas y los vigueses que ya peinan canas han desaparecido por cuestiones del progreso..."

Ler máis


Mirando polos letreiros en Radio Valladares

O programa Esperta Valladares que levan Yoli e Anabel adicóunos un tempo da súa programación. Podedes escoitar a entrevista a partir do minuto 60.

O Ateneo Atlántico na foto de portada


Co titular La memoria comercial de Vigo, e na súa edición impresa de hoxe, o Decano da prensa nacional lévanos á portada da edición impresa. Trátase da fotografía central da portada é recolle información sobre a nosa campaña Mirando polos letreiros. A reportaxe interior, asinada pola periodista Mar Mato, ocupa a páxina 7 practicamente a toda plana.

Podes ver todo o traballo aqui



La Voz de Galicia adicou este artigo de Begoña Sotelino á campaña


En la región de Ourense Guillermo Altarriba fai unha reportaxe sobre o tema citando a experiencia do Ateneo Atlántico


La calle cósmica, revista cultural dixital, adicou un artigo de Judith R. Iglesias á nosa campaña. Podes velo aquí

Modelo de rexistro

Imaxes:(Adxunta unha foto detalle do letreiro, fotos do establecemento, do edificio e/ou do entorno)

Situación: (Enderezo)

Antigüidade: (Estimada ou podes preguntar)

Autoría: (Aparece firmado , por exem. Cristaleria Radar ou tes algunha información)

Historia : (Información recollida no establecemento sobre as características do comercio ou institución pero tamén recordos persoais asociados.

Se tes algunha referencia: libros, persoas, xornais, documentos en internet)


Non te preocupes se non tes información. Isto é un traballo colaborativo, entre todos habemos de completalo.