Pendentes


A información contida nesta páxina é relativa ao curso 2018/2019.

O alumnado que teña a materia de Matemáticas pendente de cursos anteriores poderá aprobala seguindo calquera das seguintes vías:

  1. Obtendo unha cualificación igual ou maior que 5 ao facer a media de dous exames parciais que se celebrarán en xaneiro e en marzo, e que serán cualificados de 0 a 10 puntos.
  2. Obtendo unha cualificación igual ou maior que 5 no exame final no mes de maio.
  3. Obtendo unha cualificación igual ou maior que 5 no exame de setembro.

Para facilitarlle o camiño ao alumnado, acordouse no departamento o seguinte plan para a recuperación da materia pendente de cursos anteriores:

  • Dividirase a materia de cada curso en dous parciais.
  • O alumnado poderá recoller voluntariamente un boletín de exercicios de repaso para preparar cada parcial.
  • O/a profesor/a que imparte docencia no presente curso a cada alumno/a será o encargado de comunicarlle as instrucións para superar a materia e as datas de exames. Tamén será quen corrixa os exercicios entregados, aclare dúbidas, corrixa os exames e poña as notas correspondentes.
  • O departamento elaborará, co asesoramento do profesorado que impartiu a materia no curso anterior, os boletíns de exercicios e os exames para a materia pendente de 1º, 2º e 3º de ESO.
  • Estes boletíns incluirán modelos de exercicios que figurarán logo nos exames.
  • O alumnado coa materia pendente de 1º, 2º e 3º de ESO que entregue os exercicios ben resoltos poderá acadar ata un punto extra sobre a nota do correspondente exame.
  • Aquel alumnado que aprobe a primeira e segunda parte, non realizará o exame final.
  • Aquel alumnado que só aprobe unha das dúas primeiras partes, no exame final só fará a parte suspensa.

Datas correspondentes ao curso 2018-19:

  • Boletín da 1ª parte (ESO): 10 de xaneiro do 2019.
  • Exame da 1ª parte (ESO): 17 de xaneiro do 2019.
  • Boletín da 2ª parte (ESO): 21 de marzo do 2019.
  • Exame da 2ª parte (ESO): 28 de marzo do 2019.
  • Exame final (ESO): 2 de maio do 2019.