ledo como un rechouchío
é unha danza rebuldeira
parente da muiñeira.
É nun baileo bailado
e cos pés repinicado
As pernas das rapaciñas
fan rendas de Camariñas”
PREOCUPACIÒN POR VALDERORRAS E A LINGUA - REVISTA VIEIROS
HÉCTOR CAJARAVILLE
Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade
Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal. Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector... E como moitos outros intelectuais galeguistas, tras o golpe de estado de 1936 tivo que tomar o camiño do exilio. No seu caso o lugar escollido foi México, onde levou a cabo un intenso labor cultural. Algúns dos proxectos que encabezou tomaron forma de publicación periódica, como as revistas «Saudade» e «Vieiros». Nunha época en que a cultura galega se desenvolveu con máis vigor fóra ca dentro das súas fronteiras naturais, persoeiros como Delgado Gurriarán desempeñaron un papel fundamental para a súa supervivencia.
Florencio Delgado Gurriarán
Vida e obra dun poeta no exilio mexicano
Un libro divulgativo sobre a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, o autor das Letras Galegas 2022. Unha traxectoria marcada polo compromiso antifranquista e republicano. Unha biografía ao servizo do galeguismo desde o exilio mexicano.
Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán
Xosé Ramón Pena (Edición de)
As Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán, permiten a redescuberta dun autor inserido nas coordenadas da vangarda enxebre ao que cómpre engadir unha poesía, bastante descoñecida, que contén cantos xeórxicos, exaltacións dionisíacas e eróticas ou que participa da poesía de combate e denuncia social. A Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán inclúe Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas (1981) e O soño do guieiro (1986), así como un monllo de textos aparecidos en publicacións periódicas que confirman un autor que non só continúa o ronsel iniciado por Amado Carballo, senón que presenta variados estilos e temáticas. Esta rigorosa edición da Obra poética, que recompila toda a produción lírica coñecida do autor valdeorrés, estivo ao coidado do profesor e crítico Xosé Ramón Pena, que leva a termo unha ampla e minuciosa análise da obra de Delgado Gurriarán, así como da fixación dos textos.
Revista Vieiros publicada polo Padroado da Cultura Galega de México, 1959
Esta revista cultural, de orientación galeguista, pretendía recoller nas súas páxinas "calquera idea literaria artística, filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura". Dirixida polos exiliados galegos en México Luís Soto Fernández, Carlos Velo e Florencio Delgado Gurriarán, colaboraron nela importantes personalidades da Galicia interior e exterior, que abordaban a realidade galega nos seus diferentes ámbitos: cultural, político, económico e social. Tiña un deseño moi coidado, con numerosas ilustracións, entre as que destacan as reproducións artísticas e debuxos reivindicativos de Castelao, Arturo Souto, Maside, Jaime Quesada, Ledo, Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane etc.