Ensinanzas de idiomas
MODALIDADES DE ENSINANZA
Oficial presencial: se asiste regularmente a clase
Libre: so realización de probas oficiais para a obtención dos certificados dos distintos niveis
Oficial a distancia: “That’s English!”
Organización e características dos distintos niveis
Ensinanza regrada
1- O principal requisito para ser alumno de EOI é ter dezaseis anos cumpridos no ano en que se comezan os estudos. Así mesmo, podes acceder a estes estudos con catorce ou quince anos cumpridos, se xa completaches os dous primeiros cursos do ensino secundario obrigatorio e desexas estudar un idioma distinto ao cursado como primeira lingua estranxeira en ESO.
2- As ensinanzas están estructuradas en 3 niveis
Básico (nivel A2 do MECRL)
Intermedio (nivel B1 do MECRL)
Avanzado (nivel B2 do MECRL)
C1 (durante o curso 2013-14 só en español e inglés)
Pódense consultar as guías do alumnado para coñecer a estructura das probas dos niveis indicados no seguinte enlace. Premer aquí
En Ferrol podes estudar Alemán, Galego, Francés, Inglés,Italiano e Portugués
3- Poderase acceder directamente a un nivel determinado mediante:
§ Proba de clasificación.Matrícula en setembro
§ Acreditacións oficiais. Para español para estranxeiros e galego. Para os demáis idiomas
§ Segundo o idioma que cursara como primeira lingua estranxeira o título de Bacharelato da acceso a B1 ou B1.1 en función do idioma que se queira cursar
Ao finalizar cada nivel, os alumnos deben superar unha proba de certificación para continuar ao nivel superior. A superación desta proba permíteche obter un título oficial con validez en todo o territorio nacional e que non ten data de caducidade.
Ensinanzas non regradas
· Cursos de formación para o profesorado en diferentes idiomas e niveis (CFRs).
· Cursos de inglés e francés para o profesorado. (CALC). Son cursos encamiñados principalmente ao profesorado de centros plurilingües ou
seccións bilingües.
· Cursos específicos de galego: Cursos de linguaxe administrativa e preparación para os exames CELGA.
* Estes cursos teñen as súas propias convocatorias de matricula
PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA
Para a matrícula oficial: necesitas facer unha preinscrición e despois deberás matricularte obrigatoriamente en liña a través de internet pero a túa matrícula non quedará formalizada ata que presentes na secretaría da EOI o xustificante do pagamento e dúas copias do xustificante de matrícula que imprimes na aplicación.
Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña, a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta,
Pódese atopar toda a información na CIRCULAR anual de preinscrición, admisión e matrícula: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1537
Consulta toda a información en https://www.edu.xunta.gal/centros/eoideferrol/