Quen somos:
A Asociación de Mozos e Mozas en Epidemioloxía e Saúde Pública en España (Grupo EJE), anteriormente Grupo Español de Mozos/as Epidemiólogos/as, é unha asociación multidisciplinar vinculada á epidemioloxía e á saúde pública, dirixida a persoas menores de 36 anos, que foi constituída no ano 2006. Somos unha asociación sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia.
Na actualidade, o Grupo EJE está formado por máis de 200 profesionais menores de 36 anos. Unha vez acadada esta idade, as persoas socias poden continuar vinculadas á asociación na categoría de VIEJES. O grupo presenta perfís profesionais moi diversos, que abranguen as ciencias da saúde, as ciencias sociais, as ciencias ambientais, as ciencias numéricas, o ámbito xurídico e a enxeñaría.
A cota para ser socio ou socia do Grupo EJE é gratuíta.
Os nosos principais obxectivos son:
Achegar a visión das persoas novas que desenvolven a súa actividade profesional e investigadora no ámbito da saúde pública.
Defender a multidisciplinariedade e a interdisciplinariedade dentro da epidemioloxía e da saúde pública.
Crear unha rede de iguais que facilite o apoio mutuo e a colaboración.
Fomentar o intercambio de coñecementos e a axuda metodolóxica.
Organizar e difundir actividades formativas.
Ofrecer orientación na carreira profesional.
Difundir ofertas laborais.
Procurar apoios para mellorar as condicións laborais das persoas novas en etapas iniciais da carreira profesional.
Explorar vías que faciliten a realización de estadías.
Fomentar a investigación mediante convocatorias periódicas de premios e concursos.
Para asociarte debes cumprir as seguintes condicións:
Ser menor de 36 anos.
Ser residente ou ter nacido en territorio español.
Ter vinculación coa epidemioloxía e a saúde pública.
PARA FORMAR PARTE DO GRUPO EJE, RECIBIR AVISOS PERIÓDICOS DAS NOVAS, ACOLLERTE A PREMIOS E AXUDAS E COÑECER OUTROS MOZOS E MOZAS INVESTIGADORES/AS EN EPIDEMIOLOXÍA E SAÚDE PÚBLICA, INSCRÍBETE DE XEITO GRATUÍTO NA SEGUINTE LIGAZÓN: «ASÓCIATE».
Os nosos estatutos:
Os estatutos son as normas básicas que rexen a nosa asociación. Os primeiros estatutos fundacionais do Grupo EJE son do ano 2008. Posteriormente, foron actualizados e aprobados en asemblea xeral no ano 2024.
Podes consultalos na seguinte ligazón: ESTATUTOS 2024