Un ano mais, chegou o entroido a Centroña!!🥳 Unha festa que non pode faltar na nosa parroquia e que tivo sempre un gran trasfondo.
A mostra da súa importancia está nos entroidos que nos agasallan todos os anos os veciños de forma desinteresada. Como mostramos na seguinte imaxe no parque de Vizús.
Que guapiños saen eh!👺
Que forma de posar e que ben vestidiños
Comezando os labores do día
Nós este gran día o comezamos, onte xa, traballando arreo. Non solo nós, que fomos colaborar nesta celebración, tamén todos os da Asociación de Veciños Os Castros de Centroña que foron os organizadores e permitíronnos traballar con eles. Así que, antes de nada, damos as grazas a Asociación de Veciños!
Durante o día, houbo que montar a carpa, o toldo, cociñar e poñer as mesas e cadeiras, entre outros labores. Nos que tamén botaron unha má os veciños.
A comer a mesa posta 😁
Chegadas as 20:00 horas, comezastes a vir degustar o rico cocido que se elaborou o longo da tarde. Damos fe de que estaba ben bo e se hai alguén que non lle gustou, xa sabe, unha valoración no Google con que foi o que non lle convenceu. Se foron os garavanzos, os grelos que estaban moi cocidos, o chourizo que repetía, as patacas que estaban duras ou recocidas ou o lacón que estaba rancio. Iso si, que non se esqueza de poñer as 5 estrelas ⭐⭐⭐⭐⭐ non vaia ser que perdamos a visita de algún influencer! 😆
Viñestes todos xuntos, tan xuntos que nun momento non dabamos feito a cortar o lacón e servilo xunto co resto. Mentres uns servían, outros daban viaxes ás potas para encher as bandexas baleiras e servirvos a todos o máis rápido posible. Esperamos que o servizo fora do voso agrado!
Aos poucos, fomos cumprindo a demanda e fóstesvos sentando para cear todos xuntos na carpa.
A noite quedou mellor do que aparentaba pola tarde, non nos caeu ningunha tromba de auga e puidemos gozar tranquilos do festexo. Iso si, algo refrescaba, pero para algúns disfraces non lles veu mal. 🥵
Ao remate da cea, despois de catar as sobremesas típicas do entroido e tomar o café mais o chupito na barra... comezou a troula!!! 🎉🎉🎉
Mentres tanto, algúns aproveitastes para ir poñervos vosas mellores galas e festexar xunto ao resto cos vosos disfraces. Por certo, ven chulos que iades.
Viunos amenizar a noite co seu gran repertorio o Dúo Deluxe 💃🕺🕺💃. Que permitiu os mais atrevidos a cantar despois da súa actuación co karaoke.
Houbo de todo, había algún que chamaba polas nubes para que chovera e outros que puideron presentarse a Operación Triunfo e ser o novo Bisbal ou a nova Chenoa. Quen sabe... O importante foi participar!!! E que nos quiten o bailado! Que non foi pouco. 😏
O importante foi vir a pasalo ben e facer unha boa xuntanza. E pensamos que conseguiuse con éxito.
Deixámosvos por aquí algunhas imaxes desta gran noite da xente que se achegou a pasalo ben e os seus disfraces.
Ata os da Asociación de Veciños foron deixar o disfrace de cociñeiro para cambialo polo de ximnasta.🤸🏋️
Na medianoite, fíxose entrega dos premios do concurso de doces de entroido no que os participantes entregaron os seus mellores doces antes da cea. Houbo de todo, freixos, orellas, torradas doces, rosquillas... estaba claro que para xuíz non valía un diabético, vaia subidón de azucre.
Os membros do xurado, parecen os de MasterChef
Para os que pensades que o xurado estaba comprado, que xa vos vemos vir, que seipades que fixeron a valoración dos doces polo número non ía poñer o nome e non son familiares de ningún participante.
Foi totalmente imparcial e a criterio dos gustos do xurado. 🧑⚖️
Deixámosvos as fotos dos gañadores.
Deseguido aproveitamos para facer o sorteo dos boletos que obtivestes no longo da noite e de face entrega da cesta de entroido que tivemos exposta no Restaurante La Ría ¡Moitas grazas a todos os que colaborastes no sorteo!
Amosando o boleto gañador, un pouco do revés 🙃
A afortunada do sorteo da cesta de Entroido foi a nosa veciña Regina Carpente! 🎉🎉
Fomos vender boletos ata Zeus a xente que non sabía onde era Centroña, mira que non coñecer o paraíso 😆, e tocou na parroquia.
Felicidades Regina! Cando fagas o cocido acórdate de nós.🤣
Facendo entrega da cesta 🧺
Logo de entregar a cesta, pasamos a facer o pequeno sorteo de agasallos.
Pedimos unha má inocente para que remexera os boletos e anunciara os premiados.
E aquí vos deixamos unha foto cos afortunados de esta noite de Entroido. 🏆
Chegados a este punto, deixamos un par de fotiños dos argalleiros de este festexo de sábado de piñata! Non nos gusta nada a troula... 😜
Para rematar, dende a comisión queremos agradecervos moito a todos os que viñestes colaborar degustando o cocido e especialmente a Asociación de Veciños por deixarnos colaborar neste evento!
Atentamente a
Comisión de Festas de Centroña