A Comisión de Festas de Centroña compracenos anunciar a programación das Festas Patronais de Santa María de Centroña neste 2012.
O evento terá lugar na pista polideportiva Mestre Álvaro Vázquez Penedo de Centroña. Este ano faremos os días propios das festas de Centroña que coñecedes, 15, 16 e 17 de Agosto.
Daremos comezo as festas o mércores 15 de Agosto, día de Santa María, iniciarase o día as 08:00 horas cunha gran salva de bombas de palenque e deseguido alborada cos gaiteiros pola parroquia. A 13:00 haberá misa solemne acompañada co Coro de Franza. Rematada a Misa e a procesión, comezará a sesión vermouth amenizada polo Grupo Topacio. Que nos fará bailar pola noite na verbena a partires das 23:00.
O xoves 16 de Agosto, día de San Roque, iniciarase o día as 08:00 horas coas bombas de palenque. A 13:00 haberá misa solemne cantada co Coro de Redes. Rematada a Misa e a procesión, comezará a sesión vermouth coa Orquestra Alabama. Seguindo coa gran tradición neste día, as 19:00 gozaremos dunha nova edición do concurso de tortillas e doces na que contaremos cunha actuación de Sito Sedes e Paco Lodeiro. Xa polo serán, a partires das 23:00, haberá unha gran verbena a cargo da Orquestra Alabama.
Damos por rematada as festas o venres 17 de Agosto, polos caneiros, cunha cita gastronómica. A partires das 20:30 teremos unha Gran Polbada e despois comezará a verbena amenizada pola Orquestra Embajadores.
¡Esperamos que sexan do voso agrado e que as gocedes ao máximo!
Atentamente a
Comisión de Festas de Centroña