A Comisión de Festas de Centroña compracenos anunciar a programación das Festas Patronais de Santa María de Centroña neste 2011.
O evento terá lugar na pista polideportiva Mestre Álvaro Vázquez Penedo de Centroña. Este ano faremos os días propios das festas de Centroña que coñecedes, 15, 16 e 17 de Agosto.
Daremos comezo as festas o luns 15 de Agosto, día de Santa María, iniciarase o día as 08:00 horas cunha gran salva de bombas de palenque e deseguido alborada cos gaiteiros pola parroquia. A 13:00 haberá misa solemne cantado polo Coro de Redes. Rematada a Misa e a procesión, comezará a sesión vermouth amenizada por Lazaro. As 22:30 dará comezo a verbena que estará amenizada pola Orquestra Aroma e pola actuación de Sito Sedes e Paco Lodeiro.
O martes 16 de Agosto, día de San Roque, iniciarase o día as 08:00 horas coas bombas de palenque. A 13:00 haberá misa solemne cantada co Coro de Redes. Rematada a Misa e a procesión, comezará a sesión vermouth coa Grupo Maracuya. Seguindo coa gran tradición neste día, as 18:00 gozaremos dunha nova edición do concurso de tortillas e doces con premios aos mellores pratos e haberá xogos para nenos, entrarán no concurso as chegadas ata as 19:00. Xa polo serán, a partires das 22:30, haberá unha gran verbena a cargo do Grupo Maracuya e Un Grupo da Terra. No descanso, as 24:00 haberá unha gran sesión de Fogos de Artificio.
Damos por rematada as festas o mércores 17 de Agosto, polos caneiros, cunha cita gastronómica. A partires das 20:00 teremos unha Gran Polbada amenizada por Os Charangos e despois comezará a verbena co Grupo Lazaro.
¡Desexamos que o pasedes ben e non volo perdades!
Atentamente a
Comisión de Festas de Centroña