A Comisión de Festas de Centroña compracenos anunciar a programación das Festas Patronais de Santa María de Centroña neste 2010.
O evento terá lugar na pista polideportiva Mestre Álvaro Vázquez Penedo de Centroña. Este ano aproveitando que o día 14 cae en sábado... ¡¡¡FAREMOS CATRO DÍAS DE FESTA!!!
Daremos inicio as festas o sábado 14 de Agosto cunha gran verbena que dará comezo as 23:00 horas co Grupo Anclas.
O domingo 15 de Agosto, día de Santa María, iniciarase o día as 08:00 horas cunha gran salva de bombas de palenque e deseguido alborada con gaiteiros pola parroquia. A 13:00 haberá misa solemne e cantada. Rematada a Misa e a procesión, comezará a sesión vermouth amenizada polo Grupo Maracuya. Chegado o serán, as 22:30 dará comezo a verbena cos grupos Maracuya e Anclas.
Para o luns 16 de Agosto, día de San Roque, as bombas de palenque das 08:00 horas iniciarán os festexos. A 13:00 haberá misa solemne e cantada. A continuación, rematada a misa e a procesión, comezará a sesión vermouth amenizada polo Grupo Suso. Coma é tradición neste día, as 18:00 gozaremos do concurso de tortillas e doces con xogos para os mais cativos. Entrarán no concurso as chegadas ata as 19:00 e contaremos con Paco Lodeiro entre o xurado. A verbena comezará as 22:30 e será amenizada polo Grupo Suso e unha SORPRESA.
Rematamos o martes 17 de Agosto, día dos Caneiros, cunha Gran Polbada amenizada pola Charanga OS Charangos a partires das 20:00. Despois de degustar o polbo, dará comezo as 22:30 a verbena amenizada polo Grupo Suso. ¡¡As 00:00 no descanso votarense FOGOS DE ARTIFICIO!!
¡Desexamos que o pasedes en grande!
Atentamente a
Comisión de Festas de Centroña