A Comisión de Festas de Centroña compracenos anunciar a programación das Festas Patronais de Santa María de Centroña neste 2009.
O evento terá lugar na pista polideportiva Mestre Álvaro Vázquez Penedo de Centroña. Este ano queremos aproveitar o fin de semana para que poidades achegarvos todos vos a gozar das festas, polo que cambiamos o noso gran día dos Caneiros, 17 de Agosto, polo 14 que cadra venres este ano.
Daremos comezo das festas o venres 14 de Agosto, contando as 21:00 cunha Polbada na que repartiremos deliciosos pratos de polbo a feira. Despois da cea, dará comezo as 23:00 horas as actuacións que nos amenizarán nesta noite. Comezarán Os Zares traendo con eles os grandes éxitos da música dos anos 60 e 70, logo teremos con nos ao cantante Saavedra, vello coñecido en Centroña, e para finalizar contaremos con Debosses o grupo eumés tribute a Bruce Springsteen.
O sábado 15 de Agosto, día da nosa señora, iniciarase o día as 08:00 horas coas bombas de palenque e a alborada de gaiteiros. A 13:30 haberá misa solemne cantada coa Coral Polifónica de Franza. Rematada a Misa e a procesión, as 14:30 comezará a sesión vermouth. Xa polo serán, a partires das 22:30, haberá unha gran verbena a cargo das Orquestras American Top e Intuición ata altas horas da madrugada.
Para o domingo 16 de Agosto, día de San Roque, as bombas de palenque das 08:00 horas iniciarán os festexos. Igual que o sábado, a 13:30 haberá misa solemne acompañada da Coral Polifónica Eumesa. A continuación, as 14:30 comezará a sesión vermouth. Seguindo coa gran tradición neste día, as 18:00 gozaremos dunha nova edición do concurso de tortillas e doces. As 20:30, para non rematar as festas con mal sabor de boca, faremos unha Gran Sardiñada na que mollaredes ben o pan. Para despedir as festas deste 2009, teremos unha gran verbena as 22:30 amenizada con grupos de música rock e soul para todas as idades. Iniciarán a verbena Aerosoul, para darlle paso a Que No Salga De Aquí e para rematar a noite contaremos con Colorado.
¡Esperamos que sexan do voso agrado e que as gocedes ao máximo!
Atentamente a
Comisión de Festas de Centroña