A Comisión de Festas de Centroña compracenos anunciar a programación das Festas Patronais de Santa María de Centroña neste 2008.
O evento terá lugar na pista polideportiva Mestre Álvaro Vázquez Penedo de Centroña. Este ano aproveitando que pola nosa patroa é día festivo e cae en venres... ¡¡¡FAREMOS CATRO DÍAS DE FESTA!!!
Daremos inicio as festas o xoves 14 de Agosto, contando as 21:00 cunha salva de bombas de palenque que proclamarán o seu comezo. Estarán seguidos dunha Gran Polbada a partir das 21:30, coa que contamos que veñades quitar o antollo de polbo a feira. Despois de catar o polbo, dará comezo as 23:00 horas a verbena amenizada pola Orquestra Chaston.
O venres 15 de Agosto, día de Santa María, iniciarase o día as 08:00 horas cunha gran salva de bombas de palenque e deseguido alborada co Grupo de Gaitas Airiños do Frade. A 13:30 haberá misa solemne acompañada coa Coral Polifónica Eumesa. Rematada a Misa e a procesión, as 14:30 comezará a sesión vermouth amenizada pola Orquestra Xente Nova. Que nos fará as delicias de todos na verbena a partires das 23:00.
Para o sábado 16 de Agosto, día de San Roque, as bombas de palenque das 08:00 horas iniciarán os festexos. Igual que o venres, a 13:30 haberá misa solemne acompañada do Coro de Franza. A continuación, as 14:30 comezará a sesión vermouth amenizada pola Orquestra Chicas Show. Coma é tradición neste día, as 17:30 gozaremos do concurso de tortillas e doces con xogos para os mais cativos. A verbena comezará as 23:00 sendo amenizada pola Orquestra Chicas Show, que farán un pequeno descanso as 00:00 para deixar paso a Gran Tirada de Fogos de Artificio, e continuaremos coa verbena a partires das 00:30.
Rematamos o domingo 17 de Agosto, día dos Caneiros, cunha Gran Sardiñada amenizada pola Charanga O Vindaval de Fisterra a partires das 14:00. Anunciaremos as 20:00 cunha gran traca final a finalización das Festas de Centroña 2008.
¡Que o pasedes ben!
Atentamente a
Comisión de Festas de Centroña