A Comisión de Festas de Centroña compracenos anunciar a programación das Festas Patronais de Santa María de Centroña neste 2007.
O evento terá lugar na pista polideportiva Mestre Álvaro Vázquez Penedo de Centroña. Este ano faremos a festa nos días tradicionais de Centroña, 15, 16 e 17 de Agosto.
Daremos inicio as festas o mércores 15 de Agosto, día de Santa María, desde as 08:00 horas coas bombas de palenque e deseguido alborada co Grupo de Gaitas Airiños do Frade. A 13:00 haberá misa solemne acompañada coa Coral Polifónica Eumesa. Rematada a Misa e a procesión, comezará a sesión vermut amenizada pola Orquestra Bámbola. Que nos fará bailar a todos na verbena a partires das 22:30.
O xoves 16 de Agosto, día de San Roque, as bombas de palenque das 08:00 horas iniciarán os festexos. Igual que o día anterior, a 13:00 haberá misa solemne acompañada da Coral do Pote. A continuación, comezará a sesión vermut amenizada pola Orquestra Xente Nova. As 17:00 faremos una festa infantil para os mais pequechos da casa e, como é xa tradición neste día, as 19:00 gozaremos do concurso de tortillas e doces. A verbena comezará as 22:30 sendo amenizada pola Orquestra Xente Nova.
Rematamos os festexos o venres 17 de Agosto, día dos Caneiros, comezando as 14:00 coa sesión vermut da man da Orquestra Chaston. As 20:00 contaremos cunha actuación da agrupación cultural A Marola, con gaitas, canteriqueiras e baile rexional. As 21:00 faremos unha Gran Pulpada para que collades folgos e bailedes na verbena das 23:00 que nos amenizará a Orquestra Chaston. ¡NO DESCANSO VOTAREMOS FOGOS DE ARTIFICIO!
¡Esperamos que sexan do voso agrado!
Atentamente a
Comisión de Festas de Centroña