Cartel Sardiñada
Cartel Sardiñada
Dende a Comisión de Festas de Centroña vos informamos de que o próximo venres 6 de Xullo deste 2007 faremos un grande evento gastronómico. Despois de pasar o San Xoán, poderedes volver a probar unhas boas sardiñas na nosa Sardiñada.
O evento terá lugar na pista polideportiva Mestre Álvaro Vázquez Penedo de Centroña. A partir das 21:00 empezaremos a servirvos pratos de sardiñas e mais cara ao serán amenizaranos a noite o Grupo Maracaibo.
¡Non faltedes!
Atentamente a
Comisión de Festas de Centroña