A Comisión de Festas de Centroña compracelle anunciar as Festas da Ascensión de este ano 2007.
O evento terá lugar na pista polideportiva Mestre Álvaro Vázquez Penedo de Centroña.
As festas darán inicio o venres 18 de Maio, comezando cunha cita gastronómica, unha Gran Churrascada. A partir das 21:30 poderedes degustar un gran prato de churrasco con chourizo criollo, pan, auga ou viño, sobremesa e café. Despois de estar todos ceados, comezará a verbena amenizada pola Orquestra Versalles.
Daremos por concluído as festas o sábado 19 de Maio con outra cita gastronómica, faremos a 1ª Festa da Orella. A partir das 21:30 teredes a oportunidade de comer un prato de orella con cachelos, pan, auga ou viño e café. Logo comezará a verbena a cargo do conxunto Iris.
Ambos os días se sortearán agasallos para todo os participantes.
¡Que desfrutedes da Ascensión!
Atentamente a
Comisión de Festas de Centroña