Somos unha asociación sen ánimo de lucro constituída por un grupo de persoas que temos como finalidade organizar as festas patronais da parroquia de Santa María de Centroña, ademais de outros festexos. Seguindo coa longa traxectoria que ten esta comisión, que leva desde hai mais de 60 anos organizando e celebrando as festas da parroquia, con algúns períodos sen actividade e xa varias directivas.
As festas patronais celébranse o 15, 16 e 17 de Agosto de cada ano e tamén é tradicional celebrar a Ascensión, que cada ano cadra nunha data distinta. A nosa tarefa é a de conseguir o financiamento das festas, con diversas actividades, e a contratación dos grupos musicais.
Celebrada 40 días despois do domingo de Pascua. Coas tradicionais alfombras florais.
Pola nosa patroa Santa María e a nosa imaxe a Virxe da Estrela.
Por San Roque.
Celebrase os Caneiros. No que era tradición ir comer os veciños aos campos.
A Asociación Comisión de Festas de Centroña xurde no ano 2004, despois dun cambio na regularización das comisións de festas e un parón na súa celebración. Foi fundada por aquel entón por un grupo de xóvenes da parroquia de Santa María de Centroña para organizar as festas do 2004.
Somos unha asociación de ámbito cultural, veciñal, deportivo e musical implicada na dinamización, valorización e visibilidade da nosa parroquia, as súas festas e tradicións.
O noso traballo trata de abordar a organización das festas patronais da parroquia de Santa María de Centroña (15, 16 e 17 de Agosto) e outros festexos tradicionais como a Ascensión.
Utilizando os eventos gastronómicos e musicais como ferramenta de participación comunitaria e fonte de ingresos para as seguintes actividades. Para conseguir con todo isto crear unha comunidade de veciños, fortalecendo os vinculos, mellorar a parroquia, coidar o entorno, conservar as tradicións e animar a contorna.
Para a celebración dos festexos e festas patronais da parroquia nos encargamos de contratar as actuacións musicais. Contando con actuación de orquestras, grupos, dúos e charangas, para amenizar as festas.
Onde axudamos a visibilizar o labor dos grupos musicais locais e da comarca, charangas, agrupacións folclóricas, musicos independentes, etc.
Tamén, contamos coa tradicional alborada dos gaiteiros no día 15 de Agosto por Santa María, que percorren toda a parroquia para mellorar o ambiente festeiro.
Ao longo do ano, organizamos varias citas gastronómicas dirixidas os veciños da parroquia e a xente da contorna. Co fin de promover as relacións sociais entre persoas de todas as idades e fomentar os pratos típicos galegos.
Traballamos e colaboramos activamente no mantemento das celebracións e actividades tradicionais da parroquia.
A nivel eclesiástico, axudando nos eventos relixiosos, coma procesións, alfombras de flores e cantares musicais.
A nivel veciñal, mantemos costumes con unha longa traxectoria, coma o baile da mazá ou o concurso de tortillas e sobremesas celebrado o 16 de Agosto polo San Roque.
Organizamos eventos deportivos para a veciñanza, como o clásico partido de solteiros contra casados e a carreira de sacos.
Ao longo da traxectoria da asociación, téñense celebrado outro tipo de eventos, como a carreira de caiucos, de burros, a captura do porco con sebo, entre outras.
Facemos xogos populares e tradicionais galegos para que os aprendan os mais novos. Bailar o peón, a chave, a ra, os zancos, o aro, o pano, tirar da corda, entre outros.
Contratamos inchables e animadores para o desfrute dos nenos.