Este curso a clase de 2 ESO A forma parte do proxecto LÓVA no que ao longo do curso iremos traballando e aprendendo utilizando a ópera como medio de aprendizaxe, un dos nosos obxectivos é organizar unha representación o último día de clase mais non é o noso obxectivo principal posto que o verdadeiro obxectivo é aprender a través do noso camiño e gozar o noso proceso de aprendizaxe. A nosa compañía de ópera chamase Factoria Melodía, nome elixido por votación, e esta é a web onde iremos recollendo todos os sucesos importantes e documentando a maioría (non todas) das actividades do curso. Esta paxina web esta sendo levada a cabo polas tres alumnas de 2A que se ocupan da área de comunicación e documentación: Uxía, Sara e Marián. E de parte tanto nosa como do resto das alumn@s de 2A, desexamos que desfrutedes tanto deste blog como nós desfrutaramos cada actividade do LÓVA.