PRAZOS DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN 1º CICLO DE INFANTIL 0-3 ANOS
CURSO 2025-2026
-RENOVACIÓN DE PRAZA do 1 de febreiro ao 31 de marzo.
-RESERVA DE PRAZA DE NOVO INGRESO do 1 ao 31 de marzo.
-FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA do 1 ao 31 de maio.
A NOSA ESCOLA É GRATUÍTA
Gratuidade da atención Educativa de nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en Escolas Infantiles .
DOGA. Xunta de Galicia. Consellería de Política Social e Xuventude.
A educación infantil de 0 a 3 anos en Galicia é gratuíta para todos os nenos e nenas, independentemente da titularidade do seu centro: sexan autonómicos, municipais, privados ou de iniciativa social, que é o caso da nosa ESCOLA INFANTIL MARÍA ANA.
SERVIZO DE COMEDOR SUBVENCIONADO
Subvención según RENDA FAMILIAR.
Xunta de Galicia.
¡Divertíndonos no outono!
Experimentando cos alimentos do Outono
Festa de cores
¡Somos Músicos!
Gratuidade da Atención Educativa de nenos e nenas da Comunidade Autónmona de Galicia en Escolas Infantís para o curso 22/23.
Orde 20/06/2022 (DOG 22/06/2022)
As nosas instalacións están adaptadas ao Protocolo de actuación para as Escolas Infantís 0-3 frente ao coronavirus da Xunta de Galicia.
Se precisa facer algunha consulta ou ten algunha dúbida pode chamar ao teléfono da Escola Infantil María Ana 618965276 ou ao 988431516. Estará dispoñible durante o horario lectivo habitual.
A Escola Infantil María Ana é unha escola subvencionada pola Xunta de Galicia.
Participamos conxun- tamente nas celebra- cións do Colexio Sagrado Corazón: entroido, festivais de Nadal e fin de curso...
A Escola Infantil María Ana, situada no centro de Celanova, ofrécelles ás familias un servizo completo de atención aos nenos de 0 a 3 anos. A escola está subvencionada pola Xunta de Galicia e dispón de todas as instalacións necesarias para a atención dos cativos.
Un amplo horario, de 8 mañá a 18:30 da tarde, permite a conciliación laboral que as familias precisan.
O persoal da Escola Infantil María Ana, cunha gran experiencia e profesionalidade, atenderá todas as necesidades dos pequenos durante a súa estancia na escola.
Dispoñemos de servizo de comedor para os nenos que comen xa enteiro.
Pode solicitar toda a información que necesite a través do teléfono 618965276 ou concertar unha cita para visitar e coñecer as instalacións. Estamos á súa disposición!