O Baldaquino de Oseira
Un conflito patrimonial tinxido de sangue
Un conflito patrimonial tinxido de sangue
O conflito patrimonial que xirou en torno a un baldaquino, sito no Mosteiro de Santa María de Oseira, só perdura na memoria duns poucos. Non se fala moito do acontecido, pretendendo que a memoria e o paso dos anos o condenen ao esquezo. Malia que a traxedia tivo transcendencia nacional e internacional, coñecida como un dos maiores ataques a civís producidos en tempos de paz, o silencio impera no pobo.
Un 22 de abril do ano 1909, a historia do pobo de Oseira tinxiuse de sangue. O motivo: a defensa do patrimonio cultural, a loito polo seu.
Que pasou realmente? Podería evitarse? Había alternativa?
Esta e outras cuestións, serán investigadas polo alumnado de 6º de Primaria do CPI Virxe da Saleta de Cea.
O motivo: esclarecer os feitos, coñecer a historia, conservar o noso patrimonio, resignificar un Mosteiro que contén unha elevada carga emocional e histórica.
O obxectivo: curar unha ferida que leva aberta durante máis dun século e evitar que volva ocorrer algo semellante.
Add Headings and they will appear in your table of contents.