laxe MÓVESE!

Pdc cpi plurilingüe cabo da area 2020/2021

Por terceiro ano consecutivo, mergullámonos no proxecto deportivo do CPI Plurilingüe Cabo da Area denominado LAXE MÓVESE. Como ven saberedes, trataremos de sacar á luz todas e cantas iniciativas de práctica de actividade física e deporte fagamos ao longo do curso. Entre elas estarán:

  • A creación dunha mascota/logo representativo.

  • Liguillas ou competicións nos recreos.

  • Actividades complementarias/extraescolares.

  • Circuitos saudables.

  • Alimentación saudable e equilibrada.

  • ...

En definitiva, buscaremos a creación de hábitos de vida saudable entre todo o alumnado do centro.