O EDLG colabora nos clubs de lectura organizados dende a biblioteca.
Os clubs funcionaron a través dunha reunión mensual no último martes de cada mes.
Fixéronse actividades variadas arredor das lecturas propostas: pequenas reseñas, pasapalabras ou kahoot, xogos de tres en raia, presentacións persoais, debates, murais e carteis, ...
Este ano houbo varios clubs, que se organizaron por niveis.
No grupo de 1º da ESO leuse:
-O neno can, Fina Casalderrey e Francisco Castro.
-Descoñecidos, David Lozano.
-Invisible, Eloy Moreno.
-O achado do castro, M. Núñez Singala.
-Varios: versións adapatadas dalgúns clásicos universais, entre outros:
* A volta ao mundo en 80 días.
* O libro da selva.
* A pantasma de Canterville.
* O home invisible.
Xogamos ao tres en raia a partir da lectura de O neno can. En equipos, para poder mover ficha había que responder correctamente as preguntas.
Despois da lectura de Descoñecidos fixemos un pasapalabra.
No grupo de 2º da ESO leuse:
-O neno can, Fina Casalderrey e Francisco Castro.
-Descoñecidos, David Lozano.
-O diario violeta de Carlota, Gemma Lienas.
-Persépolis, Marjane Satrapi.
Os de 2º viron a película de animación de Persépolis e fixeron un pequeno debate e ilustraron algunha pasaxe que lles chamou a atención.
Tamén debatiron sobre O diario violeta de Carlota.
No grupo de 3º e 4º da ESO leuse:
-O diario violeta de Carlota, Gemma Lienas.
-Diferente, Eloy Moreno.
-A terra de Anna, Jostein Gaarden.
Este grupo de 3º e 4º foi atendido por profesorado distinto en cada trimestre, pertencente aos departamentos de Xeografía e Historia, Orientación e Pedagoxía Terapéutica e Física e Química e Tecnoloxía. Esta distribución foi moi ben acollida por parte do alumnado.
E como peche dos clubs de lectura ... a pequena festa no Recreo Cultural da Estrada, onde tivemos unha xincana, organizada pola empresa 4 elefantes, que combinaba xogos de pistas, con exercicios de escrita, ... e mesmo de pintar marcapáxinas, a partir das lecturas dos clubs.
O alumnado foi distribuido en catro equipos que mesturaban os distintos grupos dos clubs.
E houbo libros de agasallo.