Este ano o alumnado de 3º da ESO do IES Nº1 foi o encargado de presentar as video conferencias ao alumnado dos colexios de primaria.
O tema elixido foi a Rúa da Cultura, que é a que dá acceso, dende o pobo, aos tres IES públicos do Concello da Estrada.
A rúa da Cultura alberga uns nove monolitos que se corresponden con outros tantos anos culturais organizados polo Concello da Estrada para recordar e homenaxear a diferentes persoeiros que tiveron relevancia no ámbito cultural do noso pobo.
Estes anos culturais celebráronse na Estrada desde o ano 1997 ao 2005 e, entre outros actos, culminaban coa colocación na Rúa da Cultura cun monolito dedicado ao persoeiro homenaxeado en cada ano.
O 15 de xuño foi o turno do CEIP Manuel Villar Paramá, de Vea. O seu alumnado de 6º foi o receptor da vídeo conferencia.
E o 17 de xuño foi o alumnado de 6º do CEIP Plurilingüe de Oca o que recibeu a vídeo conferencia.
Malia algúns atrancos nas conexións, a experiencia é sempre moi positiva.