O escritor e mestre estradense Xosé Luna Sanmartín convidounos a participar na presentación do seu novo poemario "Amar a mar".
O acto tivo lugar o 16 de xuño na capela real do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela. Nel participaron catro centros de ensino: o CEIP do Foxo, no que traballa Xosé Luna, o CEIP Plurilingüe de Oca, o CEIP Xesús Golmar de Lalín, no que Xosé Luna traballou anteriormente, e IES Nº1, que ten antigos alumnos do escritor, xa que recolle alumnado do CEIP do Foxo.
Como representación do IES Nº1 participou alumnado de 1º, 2º e de 3º da ESO: Noa Cabaleiro, Lía Expósito, Alba Moimente, Mateo Fernández, Germán Prado, Manuela Rey, Sara Espiño, Jéssica Afonso, Irene García e Uxía Seoane.
Ademáis tamén fixo unha intervención a nosa directora Beatriz Quintela.