O IES Nº1 foi galardoado co 1º premio na categoría de Centros e con dous premios individuais no concurso de foto-poesía convocado pola Diputación de Pontevedra, en homenaxe á poeta Xela Arias, a quen se lle dedicou o ano das Letras Galegas 2021.
As alumnas gañadoras foron Helena Castaño, de 2º da ESO que acadou un 1º premio e Hiba Lajouad, de 4º da ESO que obtivo un accésit.
Noraboa ás dúas!
Estes foron os traballos presentados, grazas á inestimable colaboración do profesor de Plástica Jano Sanmartín.
Nos traballos presentados o alumnado inventou versos para acompañar a fotografía, que previamente os inspirara, a partir dun primeiro verso de Xela Arias.
Grazas a estes premios a Biblioteca do noso IES Nº1 conta con ilustracións murais e textos de Xela Arias nas súas paredes, realizados polo colectivo Polo Correo do Vento.