Exposición propiedade da ilustradora estradense Rosa de Cabanas, que puidemos desfrutar no noso IES Nº1 a finais do mes de abril, despois de inaugurarse na Casa das Letras do Concello.
O alumnado achegouse á exposición a través dunha unidade didáctica.
E o 3 de maio o alumnado de 1º da ESO asistiu a unha charla impartida por Rosa de Cabanas, que explicou como xurdiu a idea desta exposición e as técnicas que empregou para os deseños, respondendo tamén ás curiosidades que lle plantexarou o alumnado asistente.