Novembro é o mes da Ciencia en galego.
Facemos unha breve reseña desta efeméride e presentamos o cartel deste ano.
Presentamos tamén aos científicos recordados nesta edición.
E participamos nas vídeo conferencias organizadas por Igaciencia.
Podes volver ver aqui a vídeo conferencia completa de Senén Barro.
E aqui tamén podes volver ver a vídeo conferencia completa de Sonia Villapol.
Tamén houbo espazo para a exposición "Mulleres na Ciencia. EXXperimenta en feminino" que puidemos ver na biblioteca e na entrada dos corredores superiores.
Algúns ata andiveron a gatas para vela mellor.
Esta exposición tamén tivo unha versión dixital, a través de vídeos nos que profesoras e investigadoras do campus de Ourense da Universidade de Vigo explicaban as aportacións destas mulleres científicas nos seus campos de estudo.
https://exxperimentaenfeminino.webs.uvigo.es/exposicion-virtual_gal/