Nos días arredor do 23 de febreiro recordamos a Rosalía de Castro.
Primeiro hai que coñecer ben a Rosalía de Castro.
Este ano fixemos un obradoiro de carteis con versos de Rosalía.
O 23 de febreiro léronse versos de Rosalía.
O día 23 de febreiro tamén se leu o manifesto creado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
preparámos o photocall, ...
E a facer fotos!
O 24 de febreiro o departamento de Galego organizou un roteiro rosaliano para 4º da ESO, no que algúns alumnos recitaron versos en lugares emblemáticos como o cemiterio de Adina e o pazo de Arretén. O roteiro estivo conducido polo especialista Manuel Lorenzo Baleirón.
E, por suposto, tamén tivemos a nosa propia lista de reprodución para escoitar a Rosalía musicalizada.
A nosa antiga compañeira, Pilar Bernárdez, convidounos a participar nunha edición especial do "Recuncho da Lingua", no programa "Mañás de sábado" dirixido por Isabel Durán, en Radio Estrada.
Podes escoitar o podcast do programa na seguinte ligazón:
E o departamento de Cultura do Concello da Estrada tamén nos convidou a participar no día de Rosalía que organizaban.
Lía Expósito e Alba Moimenta, de 1º da ESO foron as encargadas de representar ao noso IES Nº1.