Os estradenses presumimos da estreita relación que este afamado persoeiro mantivo co noso pobo ao casar con Virxinia Pereira.
O alumnado foi convidado a ollar o roteiro de Castelao na Estrada, na exposición de cartaces do corredor superior, e tamén na aula virtual Biblioteca-Dinamización.
Coma outros anos, houbo Kahoot no recreo, desta vez para o alumnado de 1º ESO, o venres 28.
Castelao estivo presenta nos corredores superiores, na Biblioteca, ...
Tamén houbo concurso de "memes" de actualidade a partir das viñetas de Cousas, con grande participación.
Os mellores levaron de agasallo un exemplar de Cousas.