Por fin un CORRELINGUA coma os de antes. 12 de maio na Estrada.
O grupo musical encargado de facer festa na Praza do Concello da Estrada. Aqui tes unha mostra.
Asi que, o alumnado de reforzo preparou uns carteis co lema deste ano, collemos algunha bandeira que tiñamos doutros anos, algunha pandeireta e... á rúa, a presumir de lingua.
Por suposto tamén participamos na lectura do manifesto deste ano. Foi Alba Moimenta, de 1º da ESO a representante do noso IES.
E os encargados de recoller o diploma da participación e os agasallos foron Helena Castaño e Martiño Santomé, de 2º da ESO.