Camiñando camiñando ... roteiro poético pola Estrada da vida.
Este foi o título do roteiro poético que tivo lugar o 15 de marzo como actividade enmarcada na commemoración do día do libro. O roteiro, destinado ao alumnado de 1º da ESO, consistiu nun percorrido con paradas en diferentes lugares da vila da Estrada. Foi guiado polo autor do poemario que leva o mesmo nome que a actividade, Xosé Luna Sanmartín, que desde o noso IES Nº1, nos foi conducindo polo Camiño da Congostra, antiga Praza do Escobeiro, Teatro Principal, ruela de Bedelle, Carballeira do chocolateiro, Porta do Sol, ... tentando facer descubrir ao alumnado os sentimentos e emocións que eses lugares supuñan na súa adolescencia, antes de fructificar no poemario.
Houbo lecturas de poemas en algúns deses lugares. Leron as tres profesoras acompañantes: Beatriz Quintela, Mónica Souto e Mónica Mato. Leron as alumnas e alumnos.
E tamén leron outras persoas da Estrada, como a dependenta da librería Faro e o actor Gonzalo Valcárcel.
E como peche da actividade, o 5 de abril, o autor, Xosé Luna Sanmartín, visitou o noso centro e asinou exemplares do seu poemario.