Este ano fixemos un obradoiro de carteis contra a violencia de xénero.
E con eles fomos de manifestación, o 25 de novembro, por diante dos outros IES.
De volta ao noso IES Nº1, colocámonos en forma de gran lazo humano para ler o manifesto escrito por tres compañeiras de 3º, Irene, Jessica e Uxía.
Recitáronse os poemas:
"Mírao ben / este é o tren máis longo / ... de María Lado
"Detrás do espello / todas eramos a mesma muller / ... de Rosalía Fernández Rial
E tamén cantamos, en francés, o "Hymne des femmes"