O 23 de abril celébrase o día do libro.
Unha nova colaboración coa mestra Pilar Bernárdez no seu "Recuncho da Lingua", que nunha edición especial dentro do programa "Mañás de sábado" de Radio Estrada, dirixido por Isabel Durán, convidou a varios centros de ensino do Concello da Estrada a participar nesta efeméride.
Nesta ocasión foron tres alumnos de 1º da ESO, Noa Cabaleiro, Mateo Fernández e Germán Prado, os que representaron ao noso IES Nº1, facendo unha reseña sobre o roteiro poético Camiñando camiñando, completada coa lectura dalgún dos poemas de Xosé Luna Sanmartín.
E para pechar o programa interviron, xunto con Pilar Bernárdez, Begoña Porto, mestra do CEIP do Foxo e Beatriz Quintela, directora do IES Nº1.
Podes escoitar o podcast do programa na seguinte ligazón: