O recuncho de PT

Blogue do alumnado de Pedagoxía Terapéutica

Nesta páxina iremos publicando algúns dos nosos traballos. Agardamos que vos gusten!

S.O.S

O quentamento global.

Neste proxecto aprendimos os aspectos máis básicos do quentamento global, o cambio climático e o efecto invernadoiro.

En primeiro lugar, formámonos sobre o tema buscando información en páxinas web (www.nationalgeographic.com.es/ciencia/grandes-reportajes/el-cambio-climatico-es-una-realidad-2_9756), lendo artigos de periódicos e visualizando algúns vídeos e documentais (Before the flood).

Despois, fixemos un cuestionario para saber o coñecemento que tiñan os nosos compañeiros sobre o tema e analizamos as súas respostas a través dunhas gráficas. ( docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeGPJkgbGwMRrMqhORxxh1iMOHr3yTvrBv_Mx82JEx37TI9og/viewform)

Por último, elaboramos un mural no que resumimos todo o feito.


Foi un proxecto moi bonito e interesante, no que aprendimos que se maiores e pequenos tomamos conciencia, aínda podemos facer algo por salvar o planeta que tanto nos da sen pedir nada a cambio.

COLOR ESPERANZA... En LSE

1abdb05f-dd97-4f5a-9238-0d2c70e7516c.MP4

Alumnado de 1º ESO D


e0e8c47e-24c8-4fdf-87a1-29d069b27c16.MP4

Alumnado de 1º ESO C


Obradoiro "Caramelos para pensar".

Caramelo é o nome do camelo amigo de Kori, o principal protagonista desta historia. Doces como os caramelos son as súas palabras, as palabras que Kori imaxina que o camelo lle di, as que lle fan pensar e animan a escrbir con estrema dozura as súas vivencias e sentimientos.

A historia, contada cunha gran tenrura, ponnos na pel de persoas que se abren camiño na vida a pesar das súas dificultades.

Coas actividades que faremos, trataremos de achegarnos persoalmente a algunhas delas para comprendelas mellor. Confiamos contribuír así ao coñecemento doutras culturas e a unha convivencia máis doce e solidaria entre todas as persoas diversas que conformamos o mundo.

O taller constará de dúas charlas a cargo da Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) e de Solidaridade galega co pobo saharahui (SOGAPS) durante a Semana Cultural do centro.

Documento

Entrevista a Iria Fafián

Iria é unha artistaza que tivemos o pracer de entrevistar para coñecer un pouco máis dela e da súa obra.

Podedes seguila en Facebook e Instagram:

https://www.instagram.com/iriafafian/

https://www.facebook.com/iriafafianilustracion/

Fai clik no enlace para ver a Entrevista .

8M. Día da muller

Tradicionalmente, o traballo feminino resultou invisibilizado socialmente: o cuidado do fogar, da infancia, anciáns ou enfermos estaban ao seu cargo; non era remunerado, polo tanto, non tiña valor. Nalgúns casos, este tipo de tarefas impedíu ás mulleres o desenvolvemento profesional noutros campos.

É certo que incontables mulleres lograron éxitos profesionais ao longo da historia, pero moitas delas quedaron no anonimato. Algunhas mesmo perderon a vida reclamando os seus dereitos ou condicións dignas no traballo.

Estas son algunhas das razóns que dan sentido á conmemoración do 8 de marzo:

Que se visibilice e valore,

na súa xusta medida

o traballo das mulleres

na sociedade presente, pasada e futura!!

Mural pola paz

Con este mural queremos insistir na búsqueda dun mundo sen fronteiras nin barreiras.

Mural contra a violencia de xénero

No día contra a violencia de xénero o alumnado e profesorado do instituto foi pasando por este mural para deixar as súas ideas e reflexións sobre esta problemática. Lemos algunhas moi interesantes!







Documento