Validacións de materias das ensinanzas Profesionais de Música e Danza ou Deportistas de alto nivel
Prazo de Presentación de Solicitudes
Durante o periodo de matriculación e o mes de setembro
Instrucións
Encher a solicitude que podedes descargar na páxina de formularios.
Presentar a solicitude na secretaria do centro, xunto coa certificación académica do último curso superado no Conservatorio de Música ou Danza.
En caso de que se desexe validar materias que se están cursando no curso actual no Conservatorio, entregarse a solicitude para prevalidar a materia e antes de que finalice a derradeira avaliación deberá entregarse a certificación académica do curso do Conservatorio de Música ou Danza. Se non se conseguise superar a materia do Conservatorio a materia prevalidada quedaría coma pendente.
A solicitude será tramitada pola Xefatura de Estudos e se resolverá en un par de días, tras o cal se entregará a resolución correspondente ao alumnado, resolución que deberán asinar os pais ou titores legais e entregar unha vez firmada en secretaría.