Esta igrexa atópase na Rúa Nova e foi unha das mandadas construír polo arcebispo Xelmírez no século XII. Desta época só se mantén a portada e algúns pequenos detalles máis.
Está adicada a Salomé, nai do Apóstolo Santiago e de San Xoan Evanxelista, que segundo a Biblia foi unha das mulleres que seguiron a Cristo e encontrábase ós pés da Cruz no momento da crucifixión. Esta é a única igrexa adicada a esta figura en toda España.
Denominación: Igrexa de Santa María Salomé
Tipoloxía: Arquitectura relixiosa; Igrexa
Cronoloxía: Séculos XII-XVIII
Localización: Rúa Nova, 31, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52′42″ N 8°32′37″O
Propiedade: Privada
Como xa se sinalou anteriormente, esta igrexa foi construída baixo o mecenado de Xelmírez, pero falece antes de que esta sexa terminada, polo que foi fundada por Pelayo Abad en 1140.
A portada románica destaca pola triple arquivolta, sendo a central a máis importante. Está é de medio punto con baquetóns e chambrana con axadrezado, e encóntrase sostida por columnas con capiteis decorados, os cales representan cuadrúpedos enfrontados coas garras apoiadas no collarino. O ábaco representa rosetas de de seis, sete e oito pétalos.
Sobre a clave da arquivolta central destaca a imaxe sedente da Virxe do Leite, do século XIV, e a ámbolos seus lados as estatuas da Virxe en estado de xestación e o anxo da Anunciación, as dúas de estilo gótico (s. XV).
Por enriba consérvanse, aínda que bastante deteriorados, canecillos de figuración antropomorfa.
Esta entrada atópase guarecida mediante un pórtico aberto á rúa levantado no século XVI.
Posteriormente, xa no século XVIII, levántase o característico campanario, obra de José Crespo, que toma como modelo o de San Fiz de Solovio na inestabilidade de volúmenes e na decoración de placas.
As numerosas reformas que sufriu o edificio modificaron a planta románica orixinal, que sería de nave única e cabeceira semicircular ou rectangular, a diferencia da que hai hoxe que é cadrada con brazos que parten dos catro arcos de medio punto apoiados sobre pilastras estriadas.
Neste recinto hai dúas capelas góticas, as cales incorpóranse á nave principal no lado da epístola. A máis importante é a de Nosa Señora, fundada por Lope de Losada e Teresa Gómez Mosquera, de planta rectangular con bóveda sobre ménsulas. A outra ten un trazado similar.
No interior encóntranse importantes tallas barrocas da escola compostelá, destacando a dun anxo con trazos aztecas e gafas pola súa curiosidade.
En investigacións recentes atopouse un antigo claustro gótico que data de finais do século XIV ou principios do XV, do cal se pensa que formaría parte dun hospital de peregrinos.
Por último cabe destacar que nesta igrexa morreu, o 24 de xuño de 1862, María Teresa da Cruz de Castro e Abadía, nai de Rosalía de Castro.
2. Fachada da Igrexa de Santa María Salomé
3. Campanario da Igrexa de Santa María Salomé
4. Detalle da fachada da Igrexa de Santa María Salomé
5. Interior da Igrexa de Santa María Salomé
Bibliografía
García Calero, J. (16 de xuño, 2016). Hallan un claustro gótico en el centro de Santiago de Compostela. ABC. https://www.abc.es/cultura/arte/abci-hallan-claustro-gotico-olvidado-centro-santiago-compostela-201606182204_noticia.html
Iglesia de Santa María Salomé (s.d.). Centro Virtual Cervantes. Recuperado o 20 de febreiro de 2019 de https://cvc.cervantes.es/artes/ciudades_patrimonio/santiago/paseo/salome.htm.
Iglesia de Santa María Salomé de Santiago de Compostela. (s.d.). Asturnatura. Recuperado o 20 de febreiro de 2019 de https://www.asturnatura.com/turismo/iglesia-de-santa-maria-salome-de-santiago-de-compostela/3819.html.
Iglesia románica de Santa María de Salomé en Santiago de Compostela. (s.d.). Arteguías. Recuperado o 20 de febreiro de 2019 de https://www.arteguias.com/monumentos/salome.htm.
Iglesia de Sta. María Salomé. (s.d.). Rincones de Santiago. Recuperado o 20 de febreiro de 2019 de http://www.rinconesdesantiago.com/Paginas/Salome.htm.
Imaxes
LIMIARculturalocal, Igrexa de Santa María Salomé (8470516283), CC BY-SA 2.0
Xosema, Igrexa de Santa Maria Salome - Iglesia de Santa Maria Salome - Church of Santa Maria Salome - Santiago de Compostela - 01, CC BY-SA 4.0
Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga Commons)(Lmbuga Galipedia) Publicada por/Publish by: Luis Miguel Bugallo Sánchez, Santiago zona vella GDFL-04, CC BY-SA 3.0
José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain, Iglesia de Santa María Salomé de Santiago de Compostela (3679047850), CC BY 2.0
Iago Pillado, Dome of Saint Mary Salome Church in Santiago de Compostela, Galicia, Spain, CC BY-SA 3.0