A Casa da Parra é unha das edificacións que compoñen o conxunto arquitectónico da Praza da Quintana, situada enriba da gran escalinata, na parte coñecida coma “Quintana de Vivos”.
Foi levantada en 1683 como edificio civil por iniciativa do arcebispo Raxoi, encargándolle a obra a Tomás de Alonso e Domingo de Andrade.
Denominación: Casa da Parra
Tipoloxía: Arquitectura civil; Vivenda
Cronoloxía: Século XVII
Localización: Praza da Quintana de Vivos, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52'51"N 8°32'37"O
Propiedade: Pública
A arquitectura é de sillería de granito e cuberta de tella, mentres que a planta é irregular debido a que ten que adaptarse á forma da entrada da praza.
Nun principio, o edificio consistía en dous pisos, pero no século XX foi obxecto de reformas e engadíuselle unha nova planta e a característica balaustrada.
Unha das características máis importantes desta construción é a súa rica ornamentación. Oito gárgolas decoran a cornixa xunto con metopas e ménsulas historiadas, sendo a decoración de acios de uvas ó redor das portas o que lle da nome ó edificio.
A cheminea é moi peculiar debido ás súas proporcións, á súa forma cuadrangular e a coidada talla que posúe, isto se debe a que na época este elemento utilizábase como símbolo de boa situación económica.
No ano 1986 é declarada edificio histórico e comeza a empregarse como espazo expositivo, dedicándose case exclusivamente a exposicións de produción propia, recuperando figuras da historia e impulsando a artistas de vangarda dentro do ámbito galego.
Na actualidade xa non funciona como sala de exposicións xa que pechou no ano 2017.
2. Detalle dos acios da porta
3. Detalle das gárgolas
Bibliografía
Asturnatura. (s.d.). Casa de la Parra de Santiago de CompostelaI. Recuperado o 20 de febreiro de 2019 de https://www.asturnatura.com/turismo/casa-de-la-parra-de-santiago-de-compostela/3824.html
Cultura de galicia. (s.d.). Casa da Parra. Recuperado o 20 de febreiro de 2019 de https://www.cultura.gal/es/equipamento/904
Taín Guzmán, M. (2004). El arquitecto Domingo de Andrade y las antiguas casas consistoriales de Santiago de Compostela (1689-1690). Locus Amoenus (7), 209-224. https://revistes.uab.cat/locus/article/view/v7-tain/147-pdf-es
Imaxes:
Certo Xornal from Ribeira, Galicia, España, Casa da Parra, Santiago de Compostela, CC BY-SA 2.0
Graeme Churchard from Bristol (51.4414, -2.5242), UK, Santiago de Compostela, Spain-33 (8611628306), CC BY 2.0
Certo Xornal from Ribeira, Galicia, España, Casa da Parra en Compostela, detalle, CC BY-SA 2.0
Ligazóns a datos e catálogos