Por fin podemos dicir que estamos preparados para contarvos o que acontece no noso Club de Ciencia.

Esta actividade ten un perfil moi particular porque pretende habilitar un tempo despois de comer, uns 40′ aproximadamente, e no recreo un día á semana, na que organizaremos os espazos para que en grupos, podamos facer unha serie de experimentos que nos aclaren aspectos relacionados co medio, coas plantas, coa física e coa química. Que nos expliquen dende as propiedades da materia, ata a formación de determinados fenómenos atmosféricos, …

Todos e todas seremos científicos que investigarán, comprobarán e chegarán a conclusións sobre prantexamentos dados.

Aquí poderedes ver o noso traballo.