Club de Ciencia do IES Monte Carrasco

A vosa opinión é importante

O curso está rematando e o noso Club de Ciencia chega ao seu fin. Pechamos as portas, pero esperamos que sexa temporalmente e que o vindeiro curso poidamos reabrir, con máis forza, se cabe, e con moitas ideas para poder poñer en práctica.

Para o profesorado que participou nesta actividade foi un auténtico placer compartir estas experiencias con tod@s vos.

Déixovos o enlace para cubrir unha enquisa co fin de avaliar o grao de satisfacción do alumnado.

Gracias pola vosa colaboración

Presentación Escape Room final

Discurso de Greta THUNBERG, activista ecoloxista sueca.

E por fin chegou o día!

Hoxe, 19 de decembro de 2018, comezamos con moita ilusión e moitas ideas o noso Club de Ciencia.

9 profesoras e profesores e nada menos que 52 alumnos e alumnos con moitas ganas de experimentar e aprender da e coa Ciencia.

Deixamos aquí a nosa presentación: Un Escaperoom.

Graciñas ao Equipo Directivo por facilitar esta nova andadura no Carrasco, e a profe de Lingua Castelá, Montse, pola súa marabillosa colaboración.

Club de Ciencia