Ciencia e lectura.

Eu quero saber!

Proxecto monográfico do

CEIP Plurilingüe de Covas

Monográfico sobre a ciencia que levaremos a cabo no colexio durante o segundo e terceiro trimestre. Como obxectivo principal queremos “fomentar a curiosidade dos nenos/as sobre o proceso da investigación científica ”.

OBXECTIVOS:

-Motivar aos nenos e nenas cara ao proceso da investigación.

-Buscar información na rede sobre os científicos/inventores máis relevantes e os campos nos que desenvolveron as súas investigacións.

-Practicar con materiais comúns para levar a cabo experimentos sinxelos e expoñelos aos compañeiros.

- Empregar bibliografía sobre o tema, especialmente libros informativos.

-Traballar en equipo.

-Buscar a colaboración das familias para actividades relacionadas coa ciencia.


Actividades suxeridas:

-Inventar inventos! Inventamos nós!

-Realizar experimentos e presentarllos aos compañeiros de clase/colexio. Sabes por que...?

-Utilizar as TICS para investigar sobre fenómenos científicos/ personaxes/inventores... Sabes quen...?

-Investigar nos libros informativos.Sabes onde...?

-Colaborar con outros colexios da localidade que queiran organizar actividades conxuntas sobre ciencia .

-Mercar material audiovisual e bibliográfico relativo ao tema.

-Elaborar posters, murais... cos diferentes experimentos e procesos.

-Ciencia na vida cotiá. Exposición con fotos feitas polas familias sobre fenómenos científicos na vida diaria.

-Experimento na casa. Realización de pequenos experimentos coa familia e gravar un video explicando o proceso.

-Buscar a colaboración de pais/nais/familiares... que se adiquen a profesións científicas.

-Experimentar coa robótica co emprego dos ESCORNABOTS.