GALICIA
POLO MUNDO
Galicia around the world
POLO MUNDO
Galicia around the world
Este proxecto ten como obxectivo
explorar o mundo
a través da experiencia daqueles galegos e galegas
que saíron de Galicia buscando fogar noutros países.
Fomentar os valores de respecto e acollida
cara á migración.
Comezarase a primeira fase do PDI coa proposta da mascota da Biblioteca.
Este curso Tuxiña vaise explorar o mundo e a coñecer a aqueles galegos e galegas,
que por algún motivo marcharon para vivir lonxe de Galicia.
" Galicia polo Mundo"
partindo, a poder ser, dos galegos e galegas máis próximos a nós...
Cada aula elixe un país sobre o que investigar.
Destacar a importancia da migración galega: motivos polos que marcharon e se regresaron...
Coñecer a xente do mar que marchou mareas a outros países.
Investigar sobre a Casa de Galicia noutros países a través da web.
Páxinas Web Galegas...
A parte de Galicia máis coñecida no estranxeiro.
Folclore…
Tradicións, festas..
Comida...
Anécdotas, curiosidades.
Que se bota en falta de Galicia no estranxeiro.
Segunda fase do PDI, " Galicia polo Mundo".
Esta fase centrarase na organización da información elaborando distintos materiais sobre cada país.
Organización e Elaboración das producións.
Entrevistas na aula...
Murais
Vídeos
Radio
Carteis...
Visita á Biblioteca para recollida de información .
Consulta dos fondos adquiridos pola Biblioteca.
Consulta de páxinas web.
Charlas.
Mostra Fotográfica
Recollida nas aulas de imaxes, ilustracións relacionados coa migración galega.
A terceira fase do PDI será de exposicións .
Será o remate final do proxecto "Galicia polo Mundo"
Exposición das producións
impresas
Recompilaranse os traballos en diversos formatos: Libro tradicional ( producións propias), Book Creator, Genially, Radio, Audiovisuais…
Comunicación oral
do proxecto documental
Organizarase na Biblioteca o xogo: "Onde está Tuxiña".
Exposición do traballado a toda a comunidade escolar, invitación ás familias facendo coincidir a data coa Semana das Letras Galegas.
Ao longo de todo o curso traballeremos o tema do PDI:
"Galicia polo Mundo" relacionandoo coas distintas conmemoracións.
Con traxes tradicionais relacionados coa a vida dos países de migración escollidos, percorreremos as rúas de Marín para cantar e poñer en valor a multiculturalidade da nosa vila e os valores da acollida e o respecto.
CEIP Sequelo- Marín. PDI.