Este proxecto ten como obxectivo:
Acercar a arte do cine ao alumnado como manifestación cultural e artística,
utilizándoo como un espello para traballar
valores humanos en especial a empatía;
ao mesmo tempo que se desenvolve
un consumo audiovisual responsable.
Compartir coas familias este proxecto e facilitar a súa implicación
durante toda a implementación do PDI.
Comezarase a primeira fase coa proposta do PDI :
"Un Cole de Película",
cunha aproximación ao Cine Infantil
e ao Cine para tódolos públicos nas súas orixes.
Investigar e seleccionar diversas curtas e películas clásicas do cine para comprender a evolución da creación dos filmes desenvolvendo unha actitude crítica.
Facer itinerarios lectores para permitir ao noso alumnado unha formación básica nos clásicos do Cine e Cine Infantil de animación a través de adaptacións á literatura, cómics...
Poñer en valor o poder das películas como linguaxe universal que inspira, entretén e conecta ás persoas do mundo enteiro .
Descubrir o costume antiguo da vida social arredor das Salas de Cine, Cine na Rúa, televisión e cine en familia...
Coñecer a relación de Marín co mundo do Cine a través das vivencias das familias, en especial do Marín antigo.
Invitación ás familias para compartir as súas experiencias do Cine infantil de cando eran nenos.
A segunda fase do PDI : "Un Cole de Película",
centrarase na organización da información sobre a estructura dos filmes:
guión, planos fotográficos, escenas, bandas sonoras,
actores e actrices...
Elaboración ou dobraxe dunha curta, xa sexa dun clásico do cine ou de creación propia.
Achegamento á secuenciación de imaxes e aos guións gráficos través do xogo (vestiario, maquillaxe, rols...) e dos xoguetes (cámaras, zootropos...)
O terceiro ciclo traballará técnicas cinematográficas como: Stopmotion, a técnica de animación 3D por ordenador, Croma...
Creación de guións, rodaxe, edición e son...
Coñecemento das características da fotografía cinematográfica: planos de filmación.
Invitación a algún especialista en cine galego.
Obradoiros relacionados coa xestión dalgunha dimensión do cine.
Seguindo o lema que para este curso propón a Asesoría de Bibliotecas de Galicia, "...
Esta terceira fase do PDI será de exposicións e proxeccións.
Abordarase o remate final do proxecto "UN COLE DE PELÍCULA"
Recompilarase os traballos en diversos formatos: Libro tradicional , Audiovisuais : Radio, Vídeo, Croma, o Site e o blog da Biblioteca...
Exposición dos productos finais do proxecto para toda a comunidade escolar.
Creación de carteleiras anunciadoras para lle dar publicidade aos traballos e comunicar o día da presentación ou estreo.
Proposta de data e preparación da acollida: entradas de cine, caixas para pipocas (flocos de millo), acomodadores...
Invitación ás familias facendo coincidir a data con algunha celebración contemplada na programación escolar.
Ao longo de todo o curso traballeremos o tema do PDI,
"Un Cole de Película"
relacionandoo coas distintas conmemoracións.
Día das Bibliotecas, 24 de outubro.
Carteleiras das peliculas clásicas destas datas. Proporanse como disfraces✨: os monstruos da universal✨: Dracula A Momia, O home Invisible, Frankenstein, O monstro da Laguna Negra, Homes Lobo...
O Día Mundial do Cine celébrase anualmente cada segundo sábado de febreiro coincidindo este curso coas vacacións do Entroido.
"Cine, cine, cine, cine,
más cine por favor,
que todo en la vida es cine
y los sueños cine son (Aute)"
Celebraremos o Día da Paz o 30 de xaneiro.
Celebraremos este Día da Muller o 8 de marzo.
Un entroido de cine durante a primeira semana de febreiro.