Este proxecto ten como obxectivo
desenvolver hábitos de lectura e escritura de forma lúdica,
poñendo en valor
a nosa tradición literaria e o patrimonio cultural inmaterial dos contos,
como fontes de inspiración e creatividade.
Compartir coas familias o proxecto facilitando a súa implicación
durante toda a implementación do PDI.
Comezarase a primeira fase coa proposta do PDI :
"Cóntame un Conto",
desenvolvendo os hábitos da escoita e narración oral
no coñecemento do contos populares.
Lectura de contos nas aulas. Apadriñamentos lectores. Lecturas compartidas.
Investigar e seleccionar diversos relatos para analizar estereotipos e antigos roles dos personaxes desenvolvendo unha actitude crítica.
Coñecer os recursos da contorna animando a descubrir a oferta da Biblioteca municipal de Marín: Vidal Pazos.
Visitar e descubrir os fondos e novidades da nosa Biblioteca Luís Davila.
Facer itinerarios lectores para permitir ao noso alumnado unha formación básica nos clásicos e nos contos tradicionais da nosa cultura galega.
Coñecemento de contos populares doutras culturas.
Invitación ás familias para continuar coa tradición de escoitar aos maiores contar os contos de sempre, contos antigos e contos de agora.
A segunda fase do PDI : "Cóntame un Conto",
centrarase na organización da información sobre a estructura dos contos, e
na narración escrita e ilustración dun conto a nivel aula.
Elaboración dun conto en gran tamaño a nivel aula, sexa tradicional ou de creación propia.
O terceiro ciclo traballará as "Maltrañas" (carteis de cego e coplas de cordel); e as Regueifas, deseñando os carteis para a súa posta en común.
Invitación a algún especialista en contos galegos.
Invitación a autores de contos.
Seguindo o lema que para este curso propón a Asesoría de Bibliotecas de Galicia, "O Deseño" invitarase a algún ilustrador, a poder ser locais, para coñecer e aprender unha das partes importantes dos contos: O deseño e a ilustración.
Esta terceira fase do PDI será de exposicións .
Será o remate final do proxecto "CÓNTAME UN CONTO"
Recompilarase os traballos en diversos formatos: Libro tradicional , audiovisuais : Radio, Vídeo, Croma, blog da Biblioteca...
Exposición dos contos para toda a comunidade escolar.
Invitación ás familias facendo coincidir a data con algunha celebración contemplada na programación escolar.
Transmisión oral:, lecturas teatralizadas ou representación dos contos segundo o traballado en cada aula tendo como escenario a Biblioteca.
Creación de carteis anunciadores por parte de cada aula, para dar publicidade aos traballos e comunicar o día da exposición oral.
Ao longo de todo o curso traballeremos o tema do PDI,
"Cóntame un Conto"
relacionandoo coas distintas conmemoracións.
Día das Bibliotecas, 24 de outubro.
Contos tradicionais nestas datas.
A Rede de Bibliotecas de Galicia conmemora o Día da Lectura o 3 de novembro, unha data que coincide co aniversario do nacemento do escritor Xosé Neira Vilas.
Celebraremos o Día da Paz o 30 de xaneiro.
Celebraremos este Día da Muller o 8 de marzo.
Neste curso coincide nas 2ª e 3ª semanas de febreiro