MPV TORNEO
Cada equipo nomeará un representante para a votación que estará dispoñible nun grupo de whatsapp creado específicamente para a elección do MVP do torneo.
Ao rematar cada partido o adestrador deberá enviar unha mensaxe ao grupo indicando o mellor xogador do equipo rival. Non pode votar a ningún xogador do seu propio equipo.
Cada equipo nas horas sinaladas deberá votar por un xogador/a dos equipos indicados.
Nas horas que xoga o seu equipo o voto será para o mellor xogador/a do equipo rival.
No horario no que o seu equipo non xoga deberá ver o partido do grupo contrario e votar polo mellor xogador de cada equipo.
Desta forma cada equipo disporá de un total de 4 votos para dar e recibirá os mesmos votos.
Ao rematar o último partido (aproximado 15:30 h) e antes de xogar a final deberán enviar un voto FINAL co xogador/a que consideren o mellor dos catro votos que emitiron.
O xogador/a que máis votos reciba aquí será o MVP do torneo.
Haberá MVP categoría masculina e femenina.
No caso de empate en puntos na votación do MVP será:
O xogador que o seu equipo chegue a final do torneo.
De non chegar a final ningún dos elixidos coma MVP farase unha nova votación. No caso de que ambos xogadores chegaran a final o MVP será o xogador do equipo que gañe o torneo.