Concursos de tiro
Se algún xogador/a preséntase máis de unha vez a cada concurso detectarase no reconto de puntos finais e quedará automáticamente descalificado do concurso.
Os concursos faranse nunha cancha exterior polo que quedan supeditados á climatoloxía.
Únicamente poderán participar nel xogadores/as que participen na xuntanza e torneo.
MÁXIMO TRIPLISTA
Consistirá en tirar dende 3 posicións de tiro distintas 3 triples.
Disporán máximo de 60 segundos para completar os tiros.
Cada tiro anotado valerá un punto. Se na mesma posición se conseguen anotar os tres tiros engadiranse dous puntos extra por facer pleno nesa posición (anotar os 3 triples sen fallar na mesma posición é un total de 5 puntos)
O xogador/a con maior puntuación será o gañador/a.
Cada xogador terá máximo unha oportunidade de participar en cada concurso.
MÁXIMO ANOTADOR TIROS LIBRES CONSECUTIVOS
Consistirá en tirar dende a liña de tiros libres (sen pisala) a máxima cantidade de tiros libres consecutivos SEN FALLAR e cunha duración máxima de 60 segundos. NO MOMENTO EN QUE FALLE DEIXARASE DE TIRAR (non haberá segundas oportunidades)
Disporán máximo de 60 segundos para completar os tiros no caso de non fallar antes.
Cada tiro anotado valerá un punto.
O xogador/a con maior puntuación será o gañador/a.
Disporá de máximo 3 balóns para o reto.
Deberá ter mínimo un compañeiro e máximo dous que recollan os rebotes e lle pasen o balón a posición inicial de tiro.
En caso de empate gañarán ambos xogadores/as.
Cada xogador terá máximo unha oportunidade de participar en cada concurso.
No caso de fallar rematará o turno.
MÁXIMOS ANOTADORES TWO BALL
Concurso de tiro por parellas no que se lanzará a canastra dende diferentes puntos sinalizados previamente.
Cada un deses puntos ten unha puntuación específica según a dificultade para conseguir encestar.
Os xogadores non teñen porque ser do mesmo equipo ou clube pero non poden repetir con outro equipo.
Un xogador comezará na posición de lanzamento (a que queira) e o seu compañeiro estará noutra.
Cando comece o tempo o xogador con balón tirará a canasta, recollerá o seu rebote e pasará ao compañeiro que estará agardando nunha das posicións de tiro establecidas e así continuamente ata esgotar o tempo.
O tirador vai a polo seu rebote e pasa ao compañeiro que estará agardando nunha posición de tiro para lanzar.
Non pode tirar dúas veces consecutivas o mesmo xogador/a.
Non se pode tirar dúas veces consecutivas dende a mesma posición.
Se conseguen encestar unha canastra dende todas as posicións sumanse 5 puntos a puntuación conseguida.
Disporán de 60" de tempo. A parella con maior puntuación será a gañadora.