RADIO NA BIBLIO

CANOSA ONDA

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA!! Leoteca fíxonos un agasallo moi especial! Ao lado da biblioteca montou un estudo de gravación onde podemos poñer voz aos contos, mitos, lendas ... da biblioteca. Pero non só iso, grazas a radio, poderemos facer programas coas novas da zona, de deportes, sobre as nosas inquedanzas...

Os nenos e nenas fixeron as súas aportacións para a elección do nome. A o final a nosa radio leva por nome CANOSA ONDA.

O logo deseñouno unha nena de 4º e como podedes ver non se esqueceu do gorro de Leoteca.