RADIO NA BIBLIO

CANOSA ONDA

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA!! Leoteca fíxonos un agasallo moi especial! A carón da biblioteca montou un estudo de gravación onde podemos poñer voz aos contos, mitos, lendas ... da biblioteca. Pero non só iso, grazas a radio, poderemos facer programas coas novas da zona, de deportes, sobre as nosas inquedanzas...

Os nenos e nenas fixeron as súas achegas para a elección do nome. A o final a nosa radio leva por nome CANOSA ONDA.

O logo deseñouno unha nena de 4º e como podedes ver non se esqueceu do gorro de Leoteca.