Que é Mancomún?

Mancomún é unha ferramenta impulsada por ANEGA (Asemblea Nacional das Estudantes Galegas) que nace na asemblea da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e mediante a que se pretende construír un banco de apuntamentos colectivo entre o estudantado galego.

Mediante a contribución de todas nós queremos artellar un instrumento que nos axude a afrontar o estudo do maior número posible de titulacións no panorama educativo galego. Para isto precisamos da túa participación: difunde a nosa páxina e envía os documentos dos que dispoñas!